O Consello Galego da Arquitectura Técnica organiza unha xornada técnica sobre “O Libro do Edificio Existente (Leweb) do CATEB”, no ámbito de formación en materia de rehabilitación residencial dos fondos europeos Next Generation.

A xornada técnica en colaboración cos catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia e MUSAAT celebrarase o xoves 6 de xullo de 2023 ás 16:00h. a través de videoconferencia. Os interesados deben anotarse antes do 5 de xullo de 2023 en infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscrición.

Para consultar o programa pica neste enlace.