Dentro do seu ámbito territorial de actuación, o Consello Galego é o Organismo representativo e coordinador dos Colexios que o integran e da profesión, correspóndenlle as seguintes funcións:
- Elaborar os seus propios Estatutos e informar os dos colexios da profesión ou actividade de ámbito territorial inferior.
- Coordinar a actuación dos colexios que o integren.
- Representar á profesión no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e ante os correspondentes consellos xerais, cando así se permita nas súas normas reguladoras.
- Resolver recursos de alzada dos Colexios profesionais integrantes.
- Resolver os conflitos que poidan exporse entre os distintos colexios, sen prexuízo do ulterior recurso contencioso-administrativo.
- Exercer as funcións deontolóxico-disciplinarias respecto a os membros dos órganos de goberno dos colexios que o integren e os do propio consello.
- Elaborar as normas deontolóxicas comúns á profesión.
- Elaborar o orzamento e fixar a participación dos colexios nos gastos do Consello.
- Informar os proxectos de normas que elabore a Comunidade Autónoma de Galicia que afecten os profesionais que agrupen ou se refiran aos fins ou funcións a eles encomendados.
- Exercer aquelas funcións que lles poidan ser delegadas ou encomendadas pola Comunidade Autónoma de Galicia e as que poidan ser obxecto dos correspondentes convenios de colaboración.
- Realizar aquelas actividades que se estimen de interese para os profesionais e as demais funcións que lles atribúan a lexislación vixente e os seus Estatutos.