SIMULADOR DE CÁLCULO IGVSNextCal

O simulador de cálculo IGVS NextCal, é una ferramenta de axuda para impulsar a rehabilitación enerxética e acadar vivendas mais eficientes, mais confortables termicamente e mais respetuosas co medio ambiente. Como resultado proporcionará unha estimación das actuacións de rehabilitación precisas para acadar as distintas axudas Next Generatión xestionadas polo IGVS, o importe destas actuacións, o importe das axudas, a inversión estimada e o custo de enerxía aforrada coas obras.

O obxecto desta ferramenta é proporcionar aos propietarios ou usuarios, unha información previa que lle axude a tomar a decisión de realizar as obras, para proceder o encargo técnico para elaborar a documentación requerida para a presentación das solicitudes das axudas enmarcadas no plan de resiliencia para a realización das obras.

Para isto partirá dos datos existentes na aplicación Moviga, dispoñible na web do IGVS, recollidos do catastro, ano de construción, número de vivendas, a superficie estimada da envolvente exterior. Modeláronse os edificios de vivendas de Galicia en función das súas características construtivas, e tipificáronse distintos tipos de actuacións para acadar unha rehabilitación enerxética que cumpla os requisitos das axudas e das normativas técnicas en vigor.

Ademáis, conta cun directorio de empresas e profesionais, de carácter informativo e voluntario, para que se poidan inscribir gratuitamente dende o enlace correspondente. A citada ferramenta poderá empregarse en móbiles, tabletas ou ordenadores dende a web, picando no enlace correspondente ou descargarse como unha aplicación