A xornada, coordinada en colaboración co Colexio de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA) e os catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia celebrarase o martes 30 de novembro a través de videoconferencia

Os colexiados deben anotarse antes do 26 de novembro en infoconsello@aparelladores.gal

O experto arquitecto técnico José Manuel Grandío Rodríguez explicará as axudas oficiais que se articulan a través do Real Decreto 853/2021 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e o Real Decreto-ley 19/2021 de medidas urxentes para impulsar a actividade de rehabilitación.

O Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, en colaboración co Colexio de Administradores de Fincas de Galicia e os catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica galega, organiza o martes 30 de novembro de 2021 unha xornada informativa sobre os Programas de axuda en materia de rehabilitación dos fondos Next Generation. Será a través de videoconferencia en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Na xornada técnica participarán o presidente do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia, Roberto Medín Guyatt, que será o encargado de abrir e presentar a xornada. A continuación, será José Manuel Grandío Rodríguez, coordinador da Comisión de Rehabilitación Enerxética do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, quen aborde os Programas de axuda en materia de rehabilitación residencial dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Martín Bermúdez de la Puente González del Valle, presidente do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia será o encargado de clausurar a xornada.

Os colexiados, arquitectos técnicos e os administradores de fincas, interesados en participar na xornada deberán inscribirse antes das 14:00 horas do 26 de novembro de 2021. E deberán facelo a través do email: infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscripción.

Consulta o Boletín