Co obxectivo de fomentar a participación e resaltar a calidade do noso patrimonio construído e rehabilitado​, o Consello Galego da Arquitectura Técnica convoca o concurso de Fotografía dixital anual, para a realización do Calendario 2024, coa temática “Vivenda Popular de Galicia e a súa contorna”.

Para consultar as bases actuais debes dirixirte ao teu colexio de pertenza.

O prazo para a presentación de fotografías finaliza ás 14:00h do día 29 de setembro de 2023.

Consulta aquí as bases do concurso.

Descarga aquí o boletín de inscrición.