O Consello Galego de Colexios de Aparelladores organiza unha xornada técnica sobre a Presentación da aplicación informática para cálculo e comparativa de subvencións entre o programa de axuda PRE5000, Programa 3 de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, Programa 4 de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas, así coma cálculo de subvencións do Programa 5 dos fondos europeos NEXT GENERATION, dentro do ámbito de formación dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial dos fondos europeos NEXT GENERATION.

A xornada técnica, en colaboración cos catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia e MUSAAT, celebrarase o martes 14 de xuño de 2022 ás 19:00h. a través de videoconferencia.

Os interesados deben anotarse antes do 13 de xuño de 2022 en infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscrición e o xustificante de pago da matrícula.

Para consultar o programa pica neste enlace.