O Consello Galego de Colexios de Aparelladores organiza unha xornada técnica sobre as responsabilidades do Arquitecto Técnico e a súa participación como axente ou xestor da rehabilitación no ámbito das subvencións dos fondos Next Generation, dentro do ámbito de formación dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial dos fondos europeos NEXT GENERATION.

A Xornada Técnica realizarase en colaboración cos catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia e MUSAAT, e celebrarase o xoves 29 de setembro de 2022 ás 18:30h. a través de videoconferencia.

Os interesados deben anotarse antes do 27 de setembro de 2022 en infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscripción e o xustificante de pago da matrícula.

Para consultar o programa pica neste enlace.