O Consello Galego da Arquitectura Técnica organiza unha xornada técnica sobre “O Libro do Edificio Existente (LEEx) do ICCL”, no ámbito de formación en materia de rehabilitación residencial dos fondos europeos Next Generation.
A xornada técnica en colaboración cos catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia e MUSAAT celebrarase o mércores 31 de maio de 2023 ás 18:00h. a través de videoconferencia. Os interesados deben anotarse antes do 30 de maio de 2023 en infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscripción.
Para consultar o programa pica neste enlace.