O Consello Galego de Colexios de Aparelladores organiza unha xornada técnica sobre o Informe de Avaliación de Edificios (IAE) e o avance do Libro do Edificio Existente (LEEx), no ámbito de formación en materia de rehabilitación residencial dos fondos europeos Next Generation.

A xornada técnica, en colaboración cos catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia e MUSAAT, celebrarase o martes 31 de maio de 2022 ás 17:00h. a través de videoconferencia.

Debido ao aprazamento da data de celebración, amplíase o período de inscripción, polo que os interesados deben anotarse antes do 30 de maio de 2022 en infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscrición e o xustificante de pago da matrícula.

Para consultar o programa pica neste enlace.