O Consello Galego de Colexios de Aparelladores organiza unha xornada informativa sobre o Programa 3 de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio e o Programa 5 de axuda á elaboración do Libro do Edificio Existente para a rehabilitación e a redación de proxectos de rehabilitación dos fondos europeos NEXT GENERATION, dentro do convenio suscrito entre o CGCAATs e o COAFGA e o convenio suscrito entre o CGCAATs e a FEDERGAL.

A xornada informativa, en colaboración cos catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia, o Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA) e a Federación de Asociacións de Empresas da Reforma e Rehabilitación de Galicia (FEDERGAL), celebrarase o martes 7 de xuño de 2022 ás 16:30h. a través de videoconferencia.

Os interesados deben anotarse antes do 6 de xuño de 2022 en infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscrición.

Para consultar o programa pica neste enlace.