O Consello Galego de Colexios de Aparelladores organiza unha xornada informativa sobre ASEGURAMENTO MUSAAT – R.C. PROFESIONAL e PÓLIZA R.C. 2ªCAPA AXENTE REHABILITADOR OBTENCIÓN SUBVENCIÓNS NEXT GENERATION.

A xornada informativa, en colaboración cos catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia e MUSAAT, celebrarase o xoves 16 de xuño de 2022 ás 19:00h. a través de videoconferencia.

Os interesados deben anotarse antes do 14 de xuño de 2022 en infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscrición.
Para consultar o programa pica neste enlace.