O Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos ( CGCAAT) promove, en colaboración coa Escola de Arquitectura Técnica da UDC da Coruña ( EUATAC), a organización desta Xornada de Seguridade e Saúde e de Presentación do Libro “Principios de Buenas Prácticas en Obras de Construcción. Economía, Calidad y Seguridad”, nova publicación do Consello Galego.
A Xornada está dirixida a profesionais e estudantes de Arquitectura Técnica e desenvolverase en formato de videoconferencia e presencial, segundo o Programa que se adxunta.
Aos asistentes á Xornada (en polo menos un 80% da súa duración) expediráselles certificado académico da Dirección da Escola pola súa participación. Efectuaranse os habituais controis de asistencia.
Tamén se lles facilitará, ao final da Xornada, un exemplar do Libro presentado. Aos asistentes por videoconferencia, facilitaráselles a través do seu Colexio de residencia.
É necesaria a inscrición previa antes das 14.00 horas do xoves 14 de outubro a través de: gestiongabinete@coatac.es enviando o Boletín de Inscrición que se adxunta. Facilitarase invitación a conectar, a través da plataforma Cisco Webex, aos asistentes por videoconferencia.
Prazas presenciais limitadas. Reservaranse por orde de inscrición ata completar o aforo permitido. Para seguir a Xornada por videoconferencia non hai límite de inscricións.