“Para afianzar a recuperación tras a Covid19 é urxente que os concellos galegos sexan diligentes e esfórcense en axilizar a concesión de licenzas”, asegura o presidente do Consello Galego de Colexios de Aparelladores, que renova a súa Xunta de Goberno tras as eleccións celebradas en xuño nos 4 colexios provinciais.
O novo presidente do COAT de Lugo, José Manuel Grandío Rodríguez, ocupará a vicepresidencia; o presidente do COAT de Ourense, Darío López Fernández, tesoureiro, e o máximo responsable do COAT de Pontevedra, Manuel Rañó Fernández, asumirá a vogalía.
Roberto Medín Guyatt é o novo presidente do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, órgano que representa a esta profesión no ámbito da comunidade autónoma de Galicia e con poder de xestión e representación ante a Administración autonómica. No Consello Galego están representados os catro entes colexiais provinciais: os Colexios da Arquitectura Técnica da Coruña (COATAC), de Lugo (COATLU), de Ourense (COATOU) e de Pontevedra (COATPO).
O Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos renova cada ano os cargos, que asumen de forma rotatoria os máximos responsables de cada un dos colexios provinciais. No pasado mes de xuño celebráronse eleccións para a renovación estatutaria das Xuntas de Goberno dos catro entes colexiais provinciais.
A composición da Xunta de Goberno do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos está presidida desde o 1 de xullo de 2021 e ata o 1 de xullo de 2022 por Roberto Medín Guyatt, presidente do COAT da Coruña. A vicepresidencia correrá a cargo de José Manuel Grandío Rodríguez, presidente do COAT de Lugo; e a secretaría do Consello Galego será xestionada por Rosana Rivas Mariño, vogal da demarcación de Santiago de Compostela do Colexio da Coruña. Pola súa banda, o cargo de tesoureiro-contador ocuparao Darío López Fernández, presidente do COAT de Ourense; e Manuel Rañó Rodríguez, presidente do COAT de Pontevedra, ocupará a vogalía.
Concesión de licencias
“O noso obxectivo para o próximos catro anos seguirá sendo velar polos intereses da nosa profesión e dos seus profesionais”, asegura o novo presidente do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia, quen destaca que este sector “será estratéxico nos próximos tempos para confirmar a recuperación económica que xa se está rexistrando tras o impacto da pandemia da Covid19”. Para que os datos dos últimos meses sobre actividade na construción en toda Galicia afiáncense, Roberto Medín lanza un chamamento “urxente” ás Administracións locais para que colaboren a sexan “dilixentes” na concesión das licenzas municipais. “É fundamental que os concellos da nosa comunidade axilicen o proceso para tramitar as licenzas de obras; pedímoslles, neste sentido, que poñan interese, que sexan eficaces e áxiles”, apuntou. Na súa opinión, “é incomprensible e inaceptable que algún concello galego demore ata 24 meses en dar ‘luz verde’ a unha licenza”. Roberto Medín cre que un “esforzo” neste sentido por parte dos actores que interveñen no proceso da construción axudaría a confirmar o rexurdir da economía de galega. O presidente dos ‘aparelladores’ tamén deposita boa parte das esperanzas da recuperación no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
*Gabinete de Prensa do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos. 679.486.961