Resolución de 5 de maio de 2022 (1) e Extracto da Resolución de 5 de maio de 2022 (1) pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o año 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).
Esta resolución ten por obxecto convocar o Programa 5 de axuda á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, previsto no Real decreto 853/2021, de 5 de outubro, para a anualidade 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).
As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 30 de novembro de 2022.