Resolución de 5 de maio de 2022 (2) e Extracto da Resolución de 5 de maio de 2022 (2) pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F).

Esta resolución ten por obxecto convocar o Programa 3 de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, previsto no Real decreto 853/2021, de 5 de outubro, coa finalidade de financiar obras ou actuacións nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente edificatoria nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas, e nas vivendas unifamiliares, para a anualidade 2022 (código de procedemento VI406F).

As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 30 de novembro de 2022.