QUEN PODE DENUNCIAR?
A cidadanía, empresas ou organismos do sector público e privado, persoal e equipo directivo do Consello Galego da Arquitectura Técnica e de terceiras partes interesadas ou afectadas pola actividade desempeñada pola entidade, podendo realizarse de forma anónima.
QUE SE PODE DENUNCIAR E COMO?
Condutas irregulares, infraccións ou incumprimentos normativos relacionados, en xeral, coa actividade desempeñada por este Consello.
Tense a obrigación de denunciar cando se teña en coñecemento indicios de actos de fraude, corrupción ou conflito de intereses, así como alertar sobre o incumprimento dos procedementos e controis implementados no Consello para identificar riscos de fraude, de corrupción ou de conflito de intereses.
As denuncias realízanse a través do formulario dispoñible en https://aparelladores.org/canal-denuncias/.
Tamén é posible presentar as denuncias a través do teléfono: 981 575 718 ou por escrito mediante o seu envío ou entrega en man na seguinte dirección de correo postal:
Consello Galego da Arquitectura Técnica.
C\ Ramón Piñeiro, 23 – Bajo
15702 – Santiago de Compostela.
A Coruña. España.
RECOMENDACIÓNS E NORMATIVA:
Que feitos quere denunciar?
Describa os feitos da forma máis detallada, precisa e obxectiva posible. Inclúa todos os feitos que considere relevantes. Non é necesario que realice unha cualificación xurídica dos mesmos.
Cando ocorreron?
Coñecer o período temporal referido polos feitos e se os mesmos séguense producindo na actualidade, axudará a levar a cabo unha investigación eficaz dos mesmos.
Pode achegar algunha proba?
Detalle, se o coñece, que persoas están implicadas e que persoas poderían testificar sobre estes feitos. Non é obrigatorio, pero pode resultar clave para aplicar filtros de conflito de interese, facilitar a investigación e dilucidar a veracidade das afirmacións contidas na denuncia.
Pode realizar a denuncia de maneira anónima, indicar o medio de resposta e acceder a consultar e engadir datos e documentos/arquivos na denuncia.
NORMATIVA:
Garántese a confidencialidade total e absoluta do/a denunciante, denunciado/a e doutras persoas que puidesen estar relacionadas, así como do contido da denuncia.
A canle de denuncias deste Consello permite o anonimato, polo que serán aceptadas para a súa tramitación aquelas denuncias nas que non consten os datos de identificación do/a denunciante, investigándose as mesmas coa maior prudencia e proporcionalidade.
PRAZOS:
IMPORTANTE:
Garántese a ausencia de represalias de calquera tipo por denuncias que se remitiron de boa fe, debendo contar o/a denunciante con indicios razoables para sustentar a mesma.
Calquera denuncia dolosamente falsa, maliciosa ou abusiva poderá dar lugar a accións proporcionadas por parte deste Consello en contra do denunciante.