O Consello Galego concede cada ano os Premios Galicia aos traballos fin de carreira que se presentaron na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña no curso académico.
A convocatoria faise chegar a todos os alumnos que finalizaron os seus estudos no período correspondente, fixándose nas Bases de cada edición os prazos de recepción dos traballos, a composición do Xurado e a data da entrega de Premios, que leva a cabo nun acto solemne na aula Magna da EUAT.
Os traballos premiados quedan en posesión do Consello Galego, constituíndo parte dos seus fondos de biblioteca, do mesmo xeito que os dereitos de reprodución, para o caso de decidirse a publicación do traballo.
Premios Galicia 2024-2025
Fallo do Xurado dos Premios Galicia 2024-2025, que o Consello Galego da Arquitectura Técnica concedeu aos Traballos Fin de Grao, defendidos e superados, na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica de A Coruña, durante o curso académico 2024-2025.
Primeiro Premio: concedido a D. Alejandro López Álvarez, polo seu traballo Rehabilitación do conxunto de catro vivendas para uso turístico en San Fiz, Parada de Sil (Ourense).
Segundo Premio: concedido a Pablo Feijóo González polo seu traballo Rehabilitación da antiga adega da Casa da Fonte en Ferreira de Pantón, Pantón (Lugo).
Accésit: concedido a Dª. Alejandra Rodríguez Pereira, polo seu traballo Rehabilitación de vivenda unifamiliar en Grixoa, 14 – Vimianzo (A Coruña).
Accésit: concedido a Dª. Ashley Hilary Monjarás Reátegui, polo seu traballo Rehabilitación e reforma construtiva dunha vivenda unifamiliar en Lugar de Valenza Nº1, Coristanco (A Coruña).
Mellor expediente académico: O premio ao mellor expediente académico foi concedido a D. Pablo Feijóo González.
