O Consello Galego da Arquitectura Técnica, acordou conceder premios aos mellores Proxectos de Fin de Grao que, consonte as bases da convocatoria, fosen redactados por alumnos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña.

O prazo de presentación dos traballos rematará o 17 de outubro de 2025 ás 14:00 horas, podendo entregarse na Sede do Consello Galego da Arquitectura Técnica, en calquera das oficinas colexiais dos Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de Galicia ou por correo electrónico ao seguinte enderezo: infoconsello@aparelladores.gal. No caso de que a presentación do traballo se realice de xeito telemático, será imprescindible que o boletín esté asinado dixitalmente con sinatura recoñecida polo alumno.

Os Premios Galicia 2023-2024 serán entregados no transcurso dun acto académico a celebrar pola Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña e o Consello Galego da Arquitectura Técnica, o día 7 de novembro de 2025.

Para consultar as bases do concurso pica neste enlace.

Para descargar o boletín de inscrición pica neste enlace.