O Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, acordou conceder premios aos mellores Proxectos de Fin de Grao que, con arranxo ás bases que seguen, foran redactados por alumnos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña.
O prazo de presentación dos traballos finalizará o 29 de outubro de 2021 ás 14:00 horas, podendo entregarse en calquera das oficinas colexiais dos COAT.
Os Premios Galicia 2020/21 serán entregados no transcurso dun acto académico a celebrar polo Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos e a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña, o día 19 de novembro de 2021.
Descarga aquí as bases do concurso dos Proxectos Fin de Carreira 2020/21.