A xornada técnica en colaboración con Cosentino e os catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia celebrarase o xoves 17 de marzo de 2022 ás 19:00h. a través de videoconferencia.
Os interesados deben anotarse antes do 15 de marzo de 2022 en infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscripción e o xustificante de pago da matrícula.
Ao día seguinte da celebración da Xornada Técnica realizarase unha visita facultativa ás instalacións de Cosentino en Iñás-Oleiros, para colexiados inscritos no COAT-AC e no COAT-LU e ás instalacións en O Porriño para colexiados inscritos no COAT-PO e no COAT-OU, para o que se disporán autobuses, no seu caso. O número de prazas está limitado a 30 persoas para cada instalación, reservándose por orden de inscrición á Xornada. Ao finalizar a visita, obsequiarase con un aperitivo e información técnica.
Para consultar o programa pica neste enlace.