A xornada técnica en colaboración cos catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia celebrarase o xoves 24 de febreiro de 2022 ás 18:00h. a través de videoconferencia.

Os interesados deben anotarse antes do 22 de febreiro de 2022 en infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscripción.

O arquitecto técnico David Troca García explicará o sistema construtivo SATE, así como a súa correcta execución para evitar patoloxías posteriores. Para consultar o programa da xornada accede a este enlace.