A xornada técnica organizada en colaboración cos catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia celebrarase o mércores 29 de decembro de 2021 ás 18:00h. a través de videoconferencia.

Os interesados deben anotarse antes do 27 de decembro de 2021 en infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscripción.

O experto arquitecto técnico José Manuel Grandío Rodríguez explicará brevemente o programa 3 sobre axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificios, expoñendo un caso práctico, o programa 4 sobre de axudas ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas, expoñendo un caso práctico, e o programa 5 de axuda á elaboración do libro do edificio existente, do que presentará a guía para a súa redación, programas que se articulan a través do Real Decreto 853/2021 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.