A xornada, promovida polo Banco Sabadell e organizada polo Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos en colaboración co Colexio de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA) e os catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia celebrarase o xoves 10 de febreiro de 2022 a través de videoconferencia, en horario de 16:00 a 17:30 horas.
Na xornada técnica participarán o Director Comercial Territorial Noroeste do Banco Sabadell. D. Alfredo Fernández Santos, o presidente do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia, Roberto Medín Guyatt, e o presidente do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia, Martín Bermúdez de la Puente González del Valle, que serán os encargados de abrir e presentar a xornada. A continuación, abordarase por Heriberto García Porto, Director Xeneral Do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), a ponencia A Vivenda no Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Actuacións de Eficiencia Enerxética en Edificios. Axudas, continuando José Manuel Grandío Rodríguez, presidente do COAT de Lugo e coordinador da Comisión de Rehabilitación Enerxética do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, e Carmela Lavandeira Rábade, Vicepresidente 1ª do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia, coa ponencia Como plantexar unha Rehabilitación Enerxética exitosa nos Edificios de Vivendas e como alcanzar un acordo nas tuas Comunidades de Propietarios. A última ponencia, Mellora as tuas Comunidades de Propietarios con financiamento, será aboradada por Ignacio Rodríguez Taboada, Director de Fondos Europeos e Sustentabilidade do Banco Sabadell, finalizando a xornada cun coloquio moderado por D. Fernando J. Miranda Rodríguez, Director de Colectivos do Banco de Sabadell en GALICIA.
Os colexiados, arquitectos técnicos e os administradores de fincas, interesados en participar na xornada deberán inscribirse antes das 14:00 horas do 8 de febreiro de 2022. E deberán facelo a través do email: infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscripción.