A xornada, promovida polo Banco Deutsche Bank e organizada polo Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos en colaboración co Colexio de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA) e os catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia celebrarase o xoves 24 de marzo de 2022 a través de videoconferencia, en horario de 19:00 a 20:30 horas.

Na xornada participarán o director de Negocio Estratéxico e Institucións de Avanza Credit Deutsche Bank, D. José Antonio Aguilera Núñez, o presidente do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia, Roberto Medín Guyatt, e o presidente do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia, Martín Bermúdez de la Puente González del Valle, que serán os encargados de abrir e presentar a xornada. A continuación, abordarase por José Manuel Grandío Rodríguez, presidente do COAT de Lugo e coordinador da Comisión de Rehabilitación Enerxética do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos a ponencia Como plantexar unha Rehabilitación Enerxética aos usuarios  das vivendas, de seguido presentarase a ponencia sobre Financiamento da Rehabilitación e Eficiencia Enerxética en Comunidades de Propietarios  para os programas de axudas Next Generation que será abordada por  José Antonio Aguilera Núñez, director de Negocio Estratéxico e Institucións de Avanza Credit Deutsche Bank, tras a que se realizará un coloquio e peche da xornada.

Os colexiados, arquitectos técnicos e os administradores de fincas, asi como os axentes ou persoal do  Banco Deutsche Bank interesados en participar na xornada deberán inscribirse antes das 14:00 horas do 23 de marzo de 2022. E deberán facelo a través do email: infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscrición.