A xornada, promovida por ABANCA e organizada polo Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos en colaboración co Colexio de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA), coa Federación de Asociacións de Empresas da Reforma e Rehabilitación de Galicia (FEDERGAL) e os catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia celebrarase o mércores 4 de maio de 2022 a través de videoconferencia, en horario de 16:30 a 18:30 horas.

Na xornada participarán o director de Banca Institucional en Galicia, Asturias e León, D. Jose Lino Comesaña Calvo, o presidente do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia, Roberto Medín Guyatt, que serán os encargados de abrir e presentar a xornada. A continuación, abordarase por José Manuel Grandío Rodríguez, presidente do COAT de Lugo e coordinador da Comisión de Rehabilitación Enerxética do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos a ponencia Como plantexar unha Rehabilitación Enerxética aos usuarios das vivendas, de seguido presentarase a ponencia sobre Financiamento da Rehabilitación Enerxética Residencial para os programas de axudas Next Generation, que será abordada por Mónica Gondar Álvarez, directora da unidade de negocio Next Generation de ABANCA, clausurando a xornada a vicepresidente 1ª do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia, Carmela Lavandeira Rábade.

Os colexiados, arquitectos técnicos, os administradores de fincas e os asociados de FEDERGAL, asi coma os axentes ou persoal de ABANCA interesados en participar na xornada deberán inscribirse antes das 14:00 horas do 2 de maio de 2022. E deberán facelo a través do email: infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscripción.