O curso on-line organizado en colaboración cos catro colexios provinciais da Arquitectura Técnica de Galicia iniciarase o venres 21 de xaneiro de 2022 ás 17:00h. a través de videoconferencia e realizarase a través da plataforma de formación on-line do COATAC.
Os interesados deben anotarse antes do 19 de xaneiro de 2022 en infoconsello@aparelladores.gal, achegando o boletín de inscripción.
O experto arquitecto técnico José Manuel Grandío Rodríguez, coordinador da comisión de rehabilitación enerxética do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, será o tutor do curso no que se proporcionarán os coñecementos necesarios para a verificación do DB HE 2019 e a súa xustificación no proxecto ou memoria para obter lizenza municipal.