Selecione no diretorio a súa consulta:

INFORMES DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS (IAE)

QUE É UN INFORME DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS (IAE)?

O informe de avaliación de edificios, IAE, é un documento que acredita a situación na que se atopa un edificio en relación ao seu estado de conservación, das súas condicións de accesibilidade e informa sobre a certificación da eficiencia enerxética do mesmo, e permite recoller a adopción das medidas necesarias para a conservación e rehabilitación co fin de asegurar a súa seguridade, salubridade e accesibilidade de forma que non supoñan riscos para as persoas, facilitando a realización de reparación e rehabilitacións preventivas, antes de que se presenten problemas graves e custosos.

De conformidade co artigo 8 da Lei 1/2019, de 22 de abril, o IAE terá unha vixencia de dez anos dende a data da súa elaboración, salvo que o consello estableza unha vixencia menor mediante unha ordenanza municipal.

QUEN E QUE EDIFICIOS ESTÁN OBRIGADOS A DISPOÑER DO IAE?

De conformidade co artigo 7 da Lei 1/2019, de 22 de abril, están obrigadas a dispoñer do IAE as persoas propietarias únicas de edificios, as comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de:

  1. Os edificios de uso residencial de vivenda colectiva cunha antigüidade de máis de 50 anos, excepto que a normativa municipal estableza unha antigüidade inferior.
  2. O resto de edificios, cando así o determine a normativa municipal, que poderá establecer especialidades de aplicación do citado informe en función da súa situación, antigüidade, tipoloxía e uso predominante.

Aos efectos do decreto 61/2021, de 8 de abril, non se consideran de uso residencial de vivenda colectiva os edificios que teñan declaración firme de ruína, excepto que a normativa municipal estableza a necesidade de realizar o IAE nestes edificios.

Para coñecer se o teu edificio debe realizar a inspección técnica de edificios ou o estado actual no que se atopan as inspeccións presentadas, pica neste enlace e cubre o formulario.

COMO SE DETERMINA A ANTIGÜIDADE DUN EDIFICIO?
  1. A antigüidade dos edificios dos que se deba elaborar o IAE será a que consta na certificación catastral. Así e todo, poderase admitir outra data si se acredita mediante os seguintes documentos e segundo a seguinte orde de prelación:
    1. Licenza de primeira ocupación.
    2. Certificado final de obra, referida á finalización da edificación ou á reforma integral de todo o edificio.
    3. Xustificación técnica da antigüidade baseada na tipoloxía e características construtivas da edificación que permita xustificar a súa antigüidade, así coma calquera outro medio de proba admisible en dereito, soamente no caso de inexistencia de calquera das anteriores.
  2. A antigüidade dos edificios nos que se acometeran obras de rehabilitación integral contarase a partires da finalización de ditas obras, acreditado coa documentación indicada no parágrafo anterior relativa ás obras de rehabilitación. A estes efectos considerarase que unha obra de rehabilitación ten un carácter de rehabilitación integral cando implique, conxuntamente, a realización de obras de renovación ou adecuación da estrutura, dos elementos ou sistemas construtivos e das instalacións do edificio.
QUE PRAZO TEÑEN OS PROPIETARIOS PARA PRESENTAR O IAE?

Os concellos que así o consideren, en función do número e a antigüidade dos edificios do seu municipio, así como dos seus medios e necesidades, poderán establecer un calendario para a presentación gradual dos IAE dos edificios que, á entrada en vigor do decreto xa conten cunha antigüidade de máis de 50 anos, sempre que non se supere o prazo de 3 anos dende a entrada en vigor do decreto 61/2021, do 8 de abril.

De acordo co artigo 7.4 da Lei 1/2019, de 22 de abril, o incumprimento do deber de presentar o IAE en tempo e forma terá a consideración de infracción urbanística, co carácter e as consecuencias que atribúe a Ley 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.

QUEN SON OS TÉCNICOS COMPETENTES PARA REDACTAR UN IAE?

Os técnicos competentes para a redacción de informes de avaliación de edificios residenciais son os arquitectos técnicos e os arquitectos segundo se desprende da:

  • Sentenza núm. 324/22, de 14 de marzo de 2022, da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira do TRIBUNAL SUPREMO.
  • Sentenza núm. 31/2022, de 18 de xaneiro de 2022, da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira do TRIBUNAL SUPREMO.
  • Sentenza núm. 1464/2021, de 13 de decembro de 2021, da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira do TRIBUNAL SUPREMO.

O Instituto galego de Vivenda e Solo de Galicia pon a disposición dos técnicos a seguinte aplicación informática para a realización do IAE:

APLICACIÓN IAE MANUAL DE USUARIO

 

QUE CONTIDO DEBE TER O IAE?
  1. Datos de identificación do edificio, da súa propiedade e da persoa que subscribe o IAE.
    Neste apartado deberanse definir os datos xerais do edificio, a súa antigüidade, os usos característicos, superficies, tipoloxía do edificio, as características urbanísticas, así coma a descrición dos sistemas construtivos do edificio respecto á cimentación, estrutura, cerramentos verticais, cubertas e instalacións.
  2. Estado de conservación do edificio.
    Este apartado deberá incluír as datas da inspección, a descrición de documentación dispoñible das instalacións, as deficiencias encontradas dos distintos sistemas construtivos cunha valoración final do estado do edificio, así como calquera información de interese ou relativa á seguridade que puidera observar na visita.
    Neste apartado avaliarase o estado xeral do edificio, dos seus elementos estruturais, construtivos e das instalacións, constatando as patoloxías ou deficiencias que se poidan apreciar da inspección visual e clasificando estas.
    No caso das instalacións que requiran, de acordo coa súa normativa de aplicación, unha inspección técnica específica, tales coma ascensores, instalacións eléctricas, ou instalacións térmicas dos edificios, o técnico informante limitarase a requirir ás persoas usuarias, propietarias ou administradoras a presentación da correspondente documentación obrigatoria, coma contratos de mantemento, informes ou outros documentos que acrediten o cumprimento das exixencias propias de cada instalación. No suposto de non presentarse a documentación requirida, tal circunstancia farase constar no informe. No resto das instalacións o técnico informante limitarase a determinar o seu estado de conservación e se cumpre coa súa función.
    En calquera caso, se o técnico informante puidera apreciar que o estado ou características de algunha destas instalacións poden poñer en risco a seguridade das persoas usuarias ou do edificio, deberá indicalo no IAE.
    No caso de edificios catalogados ou declarados bens de interese cultural, no IAE deberase cumplimentar o apartado específico a estes efectos, no que se deberá indicar a data de inclusión no catálogo ou a data da declaración, segundo o que corresponda, así coma o listado e a avaliación do estado de conservación dos elementos merecedores de protección cultural de acordo coa determinación do catálogo, coa declaración do bén como de interese cultural ou coas normas que determinen a súa proteción.
  3. Condicións básicas de accesibilidade universal dos edificios.
    Describiranse as condicións do edificio referidas á accesibilidade e as súas dotacións en función das súas características e definiranse as medidas de adecuación a implantar no edificio, con criterios de flexibilidade, e o seu custo.
    Ademais, realizarase unha análise dos posibles efectos discriminatorios da non adopción das medidas de adecuación referidos ao número de persoas con discapacidade ou maiores de 70 anos empadroadas no edificio, así coma o número de vivendas con itinerario accesible.
    Deberase avaliar o cumprimento da normativa vixente de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e a utilización do edificio.
    Se o edificio non cumprise as condicións do apartado anterior, determinaranse as medidas de adecuación viables para facilitar a súa accesibilidade, así coma o seu custo estimado, co obxecto de que a comunidade de persoas propietarias poida determinar se o seu edificio é susceptible de realizar axustes razoables, nos termos establecidos no texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 7/2015, de 30 de outubro. A estes efectos, no caso de edificios catalogados ou declarados bens de interese cultural, terase en conta a súa normativa de protección e as condicións específicas do inmoble.
  4. Certificación da eficiencia enerxética do edificio.
    Indicarase a cualificación global do edificio e a cualificación parcial do consumo de enerxía primaria do edificio, tendo en conta os datos obtidos do certificado de eficiencia enerxética do edificio.
    A certificación enerxética do edificio realizarase aos edificios que conteñan uso residencial de vivenda colectiva e estará referida exclusivamente a este uso, inda que no edificio coexistan outros usos. No resto dos edificios obrigados a ter o IAE por normativa municipal, atenderase ao que se dispoña nesa normativa.
    Se o edificio xa contara cunha certificación de eficiencia enerxética en vigor e inscrita no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia, sempre que no edificio non houbese variacións que modificaran as características enerxéticas de este, bastará con incorporar ao IAE os datos desta certificación e o seu número de rexistro.
    A realización do IAE e a súa inscrición no REGIAE non exime ás persoas propietarias de inscribir o certificado de eficiencia enerxética no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia, se estiveran obrigadas en cumprimento da normativa estatal ou autonómica de aplicación.

O IAE identificará o edificio con expresión da súa referencia catastral e a súa identificación rexistral a través do Código rexistral único (CRU) ao que se refire o artigo 9 da Lei hipotecaria.

Os concellos, dentro do seu ámbito de competencia, poderán establecer un contido maior, engadindo calquera outra información que consideren relevante sobre as características ou o estado do edificio.

QUE RESULTADO DEBE RECOLLER O IAE?
O técnico informante deberá recoller:

  1. Unha valoración final sobre o estado de conservación do edificio que deberá ser favorable ou desfavorable.
    O IAE será desfavorable no caso de existencia de algunha deficiencia grave ou moi grave. Nos demais casos o IAE será favorable con independencia de que nel se poidan recomendar os prazos para a realización de obras para corrixir as deficiencias leves que se sinalen.
  2. As condicións básicas de acesibilidade do edificio no que se indicará se o edificio cumpre ou non as condicións básicas de accesibilidade.
    No caso de que non satisfaga ditas condicións, o técnico informante que elabore o IAE determinará cales son as medidas de adecuación que se poderían realizar e o seu importe estimado, ao obxecto de que se poida determinar se son axustes razoables ou non.
  3. A cualificación da certificación enerxética do edificio, incluído o indicador global do edificio en emisións de dióxido de carbono referido en letra e en KgCO2/m2 ano, así coma os indicadores globais de consumo de enerxía referidos en letra e en kWh/m2 ano.

Clasificación das deficiencias:

  1. Deficiencias moi graves: son as que, polo seu alcance e importancia, implican un risco para a estabilidade do edificio ou de algún dos seus elementos ou instalacións cando supoñan unha ameaza de seguridade para as persoas.
  2. Deficencias graves: son as que, sin estar clasificadas como deficiencias moi graves segundo a definición anterior, afectan de maneira importante á salubridade e funcionalidade do edificio ao producirse un proceso de perda das prestacións básicas orixinarias que fan precisa unha intervención corretora que exceda do alcance dos traballos de mero mantemento do edificio.
    Consideraranse tamén deficiencias graves aquelas outras que, de non emendar mediante a realización de actuacións que superen as de mero mantemento do edificio, poidan dar lugar a aparición de deficiencias moi graves ou deficiencias que afecten de maneira importante á salubridade e funcionalidade do edificio.
  3. Deficiencias leves: son aquelas non incluídas nos apartados anteriores que fan necesaria a realización de traballos de mantemento preventivo e/ou corrector para evitar o seu agravamento ou que acaben provocando a aparición de novas deficiencias.
    En relación coas instalacións que requiran pola sua normativa específica a realización de inspeccións periódicas e/ou a firma de contratos de mantemento, considerarase deficiencia leve non presentar a documentación acreditativa de haber realizado as inspeccións ou as actuacións de mantemento exixibles nos prazos que a normativa sectorial estableza.

Se se detectaran deficiencias graves ou moi graves, o IAE deberá recoller as medidas a adoptar, as obras necesarias para emendar as deficiencias e o prazo máximo no que, a xuízo do técnico informante, deben acometerse ditas obras.

Se do resultado da inspección se detectan deficiencias no edificio que impliquen a necesidade de declaración de ruína, o técnico informante deberá reflectilo neste.

En todo caso, ante deficiencias que poidan supoñer perigo inminente ou un risco para a seguridade e, polo tanto, exixan unha intervención inmediata, o técnico informante deberá comunicar sin demora tal circunstancia ao consello correspondente e a propiedade, propoñendo as medidas provisionais que esta debe adoptar de maneira inmediata.

ONDE PRESENTAR O INFORME DE AVALIACION DE EDIFICIOS (IAE)?

As persoas que teñan a obriga de dispoñer do IAE, deberán presentalo no concello onde se atope o edificio, acompañado da solicitude de inscrición no REGIAE e a seguinte documentación:

  1. O arquivo xerado pola aplicación informática posta a disposición polo IGVS para a elaboración do IAE, en formato PDF, que deberá estar totalmente cumprimentado e firmado pola persoa que elaborou dito informe.
  2. O informe da certificación enerxética do edificio xerado polos programas informáticos recoñecidos, debidamente firmado pola persoa que o elaborou.
    No caso de que o edificio xa conte cunha certificación de eficiencia enerxética en vigor e inscrita no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia, eximirase de anexar este informe e bastará con indicar o número dese rexistro no informe de avaliación do edificio para a súa comprobación.

No concello correspondente deberá inscribir na aplicación informática do REGIAE o IAE presentado, no prazo máximo de 3 meses, previa verificación do cumprimento dos requisitos formais establecidos neste decreto. A tal efecto e no seu caso, poderá requirir as correcións oportunas antes da súa su inscrición.

Unha vez realizada a tramitación da inscrición, o concello deberá entregar á persoa interesada o certificado acreditativo.

Só serán válidos os IAE presentados no concello correspondente e debidamente inscritos no REGIAE.

A inscrición dos IAE no REGIAE non suporá, en ningún caso, a conformidade da Administración sobre a idoneidade técnica do contido do informe. En todo caso, os concellos poderán facer as comprobacións ou inspeccións que estimen oportunas e, no seu caso, poderá acordar a baixa do IAE do Rexistro.

NORMATIVA APLICABLE

DECRETO 34/2022, do 10 de marzo, polo que se modifica o Decreto 61/2021, do 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de avaliación dos edificios.

R.D. 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios.

Decreto 61/2021, de 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios (IAE) e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios.

Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.

Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

PROGRAMA PREE 5000 DE AXUDA PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES EN CONCELLOS DE RETO DEMORÁFICO

Pregunta 1 programa 5000
Resposta 1 programa 5000
Pregunta 2 programa 5000
Resposta 2 programa 5000

PROGRAMA 4 DE AXUDA ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS CON FONDOS NG

QUE É O PROGRAMA 4 DE ACTUACIÓNS DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS DOS FONDOS NEXT GENERATION?

O programa 4 ten por obxecto subvencionar actuacións de mellora de eficiencia enerxética en vivendas unifamiliares ou individuais, constituídas como domicilio habitual e permanente dos seus propietarios, arrendatarios ou usufrutuarios, previstas no Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia dos Fondos Europeos Next Generation, e convocadas mediante RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2022, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

A concesión das subvencións recollidas neste programa, tramitaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible, 2.991.655 euros, para a anualidade 2022, e 10.463.535 euros, para a anualidade 2023.

QUE ACTUACIÓNS SON SUBVENCIONABLES?

Son subvencionables as seguintes actuacións:

  1. Redución da demanda enerxética global ≥ 7% (mellora do illamento).
  2. Redución do consumo de enerxía primaria non renovable ≥ 30% (mellora do illamento e/ou instalacións térmicas).
  3. A modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente para adecuar os valores de transmitancia e permeabilidade ao aire ó CTE DB HE1 (substitución de ventás).

Tamén son subvencionables:

  • Os custes de xestión con IVE non compensable.
  • O custo da redacción dos proxectos, informes técnicos e certificados necesarios con IVE non compensable.
  • Os gastos derivados da tramitación administrativa con IVE non compensable.

Non son subvencionables:

  • Os xeradores térmicos que empreguen combustibles fósiles como gasóleo, gas, ….
  • As licenzas, taxas, impostos (agás IVE non compensable) ou tributos.

 

CAL É A CONTÍA DA SUBVENCIÓN E OS SEUS REQUISITOS?

A contía máxima da subvención é do 40% do orzamento, cun límite de 3.000,00€ (orzamento máximo subvencionable: 7.500,00 €).

O custo das actuacións ten que ser superior a 1.000 €/vivenda.

Calquera das actuacións subvencionables deberá cumprir coa normativa vixente que lle sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que istas as requiran.

As actuacións deberán estar definidas nun proxecto ou nunha memoria, segundo corresponda.

As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar rematadas no momento da presentación da correspondente solicitude.

O prazo para executar as obras para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade nas vivendas que se acollan ás axudas deste programa non poderá exceder de doce meses, contados dende a data de notificación da resolución de concesión da axuda.

Deberá aportarse a solicitude e documentación que se indica na convocatoria, segundo corresponda.

ESTA SUBVENCIÓN TEN BENEFICIOS FISCAIS?

A contía da subvención non é un ingreso computable aos efectos da declaración da renta, e contará cos seguintes beneficios fiscais:

DEDUCCIÓN     ( % Sobre cantidades satisfeitas) OBXECTO CONDICIÓNS PRAZO EXECUCIÓN BASE MÁXIMA PERÍODO APLICACIÓN
20% Obras para redución de demanda de calefacción e refrixeración de vivenda habitual ou alugada Redución de demanda de calefacción e refrixeración > 7%, necesita certificado técnico competente 06/10/2021 ao 31/12/2022 5.000,00€ Período impositivo no que se expide certificado, sempre antes do 01/01/2023
40% Obras mellora consumo enerxía primaria non renovable de vivenda habitual ou alugada. Redución de consumo de enerxía primaria non renovable de > 30% ou mellora califación enerxética obtendo clase ‘A’ ou ‘B’, necesita certificado técnico competente. 06/10/2021 ao 31/12/2022 7.500,00€ Período impositivo no que se expide certificado, sempre antes do 01/01/2023

*Non se admitirá en ningún caso o pagamento en efectivo das cantidades satisfeitas, non dando estas, dereito a dedución.

*Non formarán parte da base da actuación as cantidades satisfeitas que tivesen sido subvencionadas a través dun programa de axudas públicas.

*As cantidades satisfeitas por obras realizadas poden incluír os honorarios profesionais, custos de redacción de proxectos técnicos, dirección de obra, custo de execución de obras ou instalacións, inversión en equipos e materiais e outros gastos necesarios para o seu desenvolvemento, así coma, a emisión dos correspondentes certificados de eficiencia enerxética. En todo caso, non se considerarán en ditas cantidades os custos relativos á instalación ou substitución de equipos que utilicen combustibles de orixe fósil.

ONDE E COMO SE SOLICITA ESTA SUBVENCIÓN?

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (Anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, que podes descargar picando neste enlace.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.

No modelo de solicitude e deberán constar obrigatoriamente os seguintes campos:

  • Datos da vivenda en onde se realizan as actuacións de mellora de eficiencia enerxética e a súa referencia catastral.
  • Datos de consumo de enerxía primaria non renovable e de demanda enerxética da vivenda no seu estado actual e no seu estado tras a realización das actuacións.
  • Número de inscrición do certificado de eficiencia enerxética actual (CEE) no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RGEEE).
  • Descrición da actuación subvencionable, investimento total, o custo subvencionable, a contía da axuda solicitada, así coma a anualidade prevista de finalización da execución.

E realizar as seguintes declaracións:

  1. Declaración responsable de que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de haber solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.
  2. Compromiso de comunicar calquera outra subvención que solicite ou lle sea concedida para a mesma finalidade, con indicación da súa contía e do organismo outorgante.
  3. Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, agás a da letra e) de ditos artigos relativa á obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social.
  4. Declaración responsable de que están ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade co artigo 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
  5. Declaración responsable de que as obras non se iniciaron antes do 1 de febreiro de 2020 nin están rematadas no momento da presentación desta solicitude.
  6. Declaración responsable de que coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nas bases reguladoras e na convocatoria deste programa.
  7. Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.
QUE DOCUMENTACIÓN DEBE APORTARSE XUNTO COA SOLICITUDE?

As solicitudes irán acompañadas da documentación que a continuación se detalla:

  1. Documentación acreditativa da representación da persoa ou entidade que actúe en nome da persoa física solicitante, no seu caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pode descargarse no seguinte enlace.
  2. Escritura pública, certificado, nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade da propiedade ou do usufruto da vivenda, no caso de que o solicitante sexa unha persoa física que non conste como titular catastral.
  3. Contrato de alugamento da vivenda e autorización da persoa arrendadora para a realización das actuacións, no caso de que a persoa solicitante sexa arrendataria.
  4. Proxecto da actuación a realizar ou, de ser o caso, memoria xustificativa da actuación, que deberán contar coa conformidade do beneficiario. A documentación mínima desta memoria será descrición e xustificación do cumprimento dos requisitos, orzamento desagregado e planos. Así mesmo, incluirá a contía da axuda solicitada.
  5. Certificado de eficiencia enerxética da vivenda do seu estado final, considerando realizadas as actuacións previstas, realizado co mesmo programa recoñecido de certificación que o utilizado para o certificado de eficiencia enerxética do seu estado actual ou previo á intervención, subscrito por técnico/a competente, en que se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos para a obtención da axuda. Con este certificado xuntaranse os arquivos dixitais xerados polo programa utilizado para a súa elaboración.
    * As solicitudes que no momento da súa presentación non veñan acompañadas dalgún dos documentos sinalados nas letras d) ou e), anteriormente indicados, ou non indiquen o número de inscripción no RGEEE do certificado de eficiencia enerxética da vivenda no estado actual ou previo á intervención serán automáticamente rexeitadas.
  6. Solicitude de licenza ou comunicación previa, segundo proceda. Se as obras están iniciadas, licenza urbanística ou, no caso de comunicación previa, incluirá unha declaración responsable de que non foi requirido polo concello para a súa emenda.
  7. No suposto de que o importe correspondente aos custos elixibles da actuación supere a contía de 40.000 euros en obras e/ou 15.000 euros en servizos ou subministracións para o mesmo contratista ou provedor, copia de tres orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 31.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme os criterios de eficiencia e economía, debendo xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
  8. Reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, dos elementos obxecto da axuda antes da actuación.
  9. Avaliación favorable de adecuación ou declaración responsable do cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido establecido no punto 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia. No caso de optar pola declaración responsable, axustarase ao contido do anexo IV, que podes descargar picando neste enlace (buscar enlace).
  10. Anexo V, de declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o obxecto de xestión, e de ausencia de conflito de intereses en relación coa execución e actuacións do PRTR, que podes descargar picando neste enlace (buscar enlace).
  11. Anexo VI, de declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución e actuacións do PRTR, que podes descargar picando neste enlace (buscar enlace).
  12. No suposto de actuar por medio dun axente ou xestor de rehabilitación, o documento acreditativo do correspondente acordo coa persoa propietaria, usufrutuaria ou arrendataria interesada na subvención.
CANDO REMATA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES?

O prazo para solicitar as axudas desta convocatoria remata o 14 de outubro de 2022, agás que, con anterioridade, se houbese esgotado o crédito orzamentario.

Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta o orde cronolóxico de entrada das solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia ata que se esgote o orzamento. Considerarase data de presentación aquela na que a solicitude quedase validamente presentada, por estar cuberta de forma corretca e vir acompañada da totalidade dos documentos esixidos nesta resolución. Así mesmo, considerarase esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe total do crédito desta convocatoria.

QUE DOCUMENTACIÓN DEBE APORTARSE PARA O PAGAMENTO DA AXUDA?

Unha vez rematada a obra, a persoa beneficiaria deberá comunicar á Dirección Técnica de Fomento do IGVS a finalización das obras mediante a presentación do Anexo II, que podes descargar picando neste enlace, e a documentación xustificativa das actuacións realizadas que se indica a continuación:

  1. Licenza de obras ou comunicación previa con declaración responsable de que non foi requirido polo Concello para a súa emenda.
  2. Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, conforme co exixido polas bases reguladoras e a resolución de concesión da axuda, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos. Esta memoria será realizada e subscrita pola persoa técnica titulada competente, indicarase, así mesmo, a data de conclusión das actuacións e farase constar o cumprimento da normativa de obrigado cumprimento que lle sexa de aplicación.
  3. Certificado de eficiencia enerxética obtido unha vez realizadas as actuacións elaborado co mesmo programa recoñecido de certificación que o utilizado para o certificado previo á intervención, subscrito por persoa técnica competente, en que se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos para a obtención da axuda, e inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RGEEE).
  4. Certificado da instalación térmica, de ser o caso, subscrito polo director da instalación ou instalador autorizado, rexistrado na consellería competente en materia de industria.
  5. Reportaxe fotográfica das obras executadas, preferentemente en cor.
  6. Xustificantes de gasto e pagamento da actuación levada a cabo.
  7. Anexo III, no caso de cesión do dereito de cobramento da subvención á persoa contratista das obras ou ao axente ou xestor da rehabilitación, que podes descargar picando neste enlace.

A documentación a aportar para o pagamento da axuda, debe tramitarse no prazo máximo de 3 meses, contado dende o día seguinte ó de finalización das obras e, en todo caso, sempre dentro da anualidade que figura na resolución de concesión como prazo de finalización das obras.

QUE OBRIGAS TEÑEN AS PERSOAS BENEFICIARIAS DA AXUDA?

Ademais das recollidas nos artigos 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as persoas beneficiarias terán as seguintes obrigas:

  1. Executar as actuacións subvencionadas dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión, cumprindo as condicións e prescricións que nela se establezan.
  2. Xustificar a execución da actuación presentando os documentos sinalados nas bases reguladoras e no ordinal décimo noveno desta resolución.
  3. Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que o IGVS considere pertinentes durante o proceso de execución e as que se deriven da normativa aplicable á xestión de axudas financiadas cos fondos do mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia, «Regulamento do MRR», e demais disposicións que articulen o MRR e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR).
  4. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
  5. Comunicar ao IGVS a alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas deste programa.
  6. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
  7. Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento en que se aboen as subvencións.
  8. Cumprir cos requisitos que figuren no Manual de imaxe do programa que estará dispoñible na web do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (http://www.mitma.es), en toda referencia en calquera medio de difusión á actuación obxecto das axudas.
  9. Cumprir as demais obrigas que derivan das bases reguladoras contidas no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, e desta resolución de convocatoria.
ESTA AXUDA É COMPATIBLE CON OUTRAS AXUDAS?

Para os efectos da compatibilidade das axudas deste programa con outras axudas públicas terase en conta o establecido no artigo 46 do Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, no que se indica:

  1. Los destinatarios últimos de este programa podrán compatibilizar estas ayudas con las del programa de actuaciones de rehabilitación a nivel de barrios o con las del programa de rehabilitación integral de edificios, siempre y cuando quede acreditado que no se subvenciona el mismo coste. En estos casos, tanto en la solicitud de la ayuda como en el procedimiento de verificación, se hará constar expresamente, mediante declaración responsable, que no se ha solicitado ayuda para la misma actuación en los programas antes citados.
    En todo caso, en la consecución de los hitos y objetivos establecidos en la Decisión de Ejecución del Consejo, de 16 de junio de 2021, relativa a la aprobación de la evaluación del plan de recuperación y resiliencia de España, vinculados con el desarrollo de este programa se considerarán exclusivamente las actuaciones financiadas a través del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia de España.
  2. Las subvenciones de este programa serán compatibles con cualesquiera otras ayudas públicas para el mismo objeto, siempre que no se supere el coste total de las actuaciones y siempre que la regulación de las otras ayudas ya sean de ámbito nacional o europeo lo admitan, siendo de aplicación lo dispuesto en el artículo 9 do Reglamento (UE) 2021/241 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 12 de febrero de 2021, que establece que la ayuda concedida en el marco do Mecanismo se sumará a la proporcionada con arreglo a otros programas e instrumentos de la Unión, precisando que las reformas y los proyectos de inversión podrán recibir ayuda de otros programas e instrumentos de la Unión siempre que dicha ayuda no cubra el mismo coste, evitando la doble financiación entre programas del Mecanismo de Recuperación y Resiliencia y, así como con otros instrumentos de la Unión.
QUE É A CESIÓN DO DEREITO DO COBRO DA AXUDA?

As persoas beneficiarias poderán ceder o dereito de cobro da súa su subvención á persoa contratista das obras obxecto desta axuda ou ao axente ou xestor da rehabilitación, no seu caso. Para iso, deberán presentar, xunto coa comunicación da finalización da actuación, o Anexo III, debidamente cuberto, que podes descargar picando neste enlace.

A cesión do dereito de cobro non afectará as obrigas asumidas polas personas beneficiarias como consecuencia da concesión da axuda, incluídas as de xustificación da subvención, nin as facultades do IGVS sobre a revogación, modificación ou revisión da resolución de concesión e, de ser o caso, do reintegro da subvención.

No caso de cesión do dereito de cobro da subvención á persoa contratista das obras ou ao axente ou xestor da rehabilitación, as persoas beneficiarias estarán exentas de presentar os xustificantes de pagamento do importe correspondente a estes dereitos cedidos.

EN QUE CASOS SE PODE PRODUCIR A PERDA E REINTEGRO DA AXUDA?

Ademais das previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, serán causa de perda e reintegro da subvención, o incumprimento das obrigas que teñen as persoas beneficiarias segundo o establecido na resolución. Así mesmo, poderá ser causa de perda da subvención a non comunicación ao órgano instrutor de calquera modificación das circunstancias determinantes do recoñecemento da subvención.

Se non cumpren os requisitos que se establecen para as actuacións subvencionables (redución da demanda enerxética global ≥ 7%, redución do consumo de enerxía primaria non renovable ≥ 30%, ou a modificación o substitución de elementos construtivos da envolvente para adecuar aos valores de transmitancia e permeabilidade ao aire ó CTE DB HE1), ou non se cumpre calquera outra esixencia das establecidas no Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, a axuda sería revocada.

A perda do dereito á percepción da axuda outorgada comportará, no seu caso, o reintegro das cantidades aboadas ata ese momento, incrementadas cos xuros de demora dende a data do seu pagamento.

NORMATIVA APLICABLE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E). DOG nº 43 do 3 de marzo de 2022.

Extracto da Resolución do 18 de febreiro de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E). DOG nº 43 do 3 de marzo de 2022.

R.D. 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Real Decreto-lei 19/2021, de 5 de outubro, de medidas urxentes para impulsar a actividade de rehabilitación edificatoria no contexto do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

PROGRAMA 3 DE AXUDA ÁS ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓNCON A NIVEL DE EDIFICIO CON FONDOS NG

Pregunta 1 programa 3
Resposta 1 programa 3
Pregunta 2 programa 3
Resposta 2 programa 3

PROGRAMA 5 DE AXUDAS Á ELABORACIÓN DO LIBRO DO EDIFICIO EXISTENTE PARA A REHABILITACIÓN E A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE REHABILITACIÓN CON FONDOS NG

Pregunta 1 programa 5
Resposta 1 programa 5
Pregunta 2 programa 5
Resposta 2 programa 5

CONSULTAS DOS CIDADÁNS

PREGUNTA 1
Resposta 1
PREGUNTA 2
Resposta2
PREGUNTA 3
Resposta 3
PREGUNTA 4
Resposta 4
PREGUNTA 5
Resposta 5
PREGUNTA 6
Resposta 6
PREGUNTA 7
Resposta 7
PREGUNTA 8
Resposta 8
PREGUNTA 9
Resposta 9
PREGUNTA 10
Resposta 10

Para formular outra consulta cubra o seguinte formulario:

    *Todos os apartados son obrigatorios.


    captcha