O máximo responsable dos aparelladores destaca que o futuro inmediato da construcción na comunidade de Galicia pasa pola “rehabilitación”

Darío López lembra o “actual momento doce” para os profesionales da Arquitectura Técnica e apunta que en Galicia “moitas ofertas quedan vacantes” porque non hai suficientes profesionais para cubrir a demanda

O presidente do Consello Galego destaca o “potencial” de Galicia de materiais tradicionais como a madeira, pizarra ou granito, sectores que buscan novas fórmulas de negocio deixándose aconsellar por aparelladores

Santiago de Compostela. 13/07/2023. Darío López Fernández é o novo presidente do Consello Galego da Arquitectura Técnica, órgano que representa a esta profesión no ámbito da comunidade autónoma e con poder de xestión e representación ante a Administración autonómica. No Consello Galego da Arquitectura Técnica están representados os catro entes colexiais provinciais: Colexios da Arquitectura Técnica da Coruña (COATAC), Lugo (COATLU), Ourense (COATOU) e Pontevedra (COATPO).

Darío López Fernández é titulado pola Escola de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña e exerce desde hai máis de vinte anos como Técnico de Urbanismo no Concello de Ourense, con inicio na profesión no ano 1996 na empresa privada da construcción e na profesión liberal. Durante os últimos 17 anos ocupou diversos cargos no Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense. E no ano 2020 asumiu a presidencia deste ente colexial con sede na cidade de Ourense.

Cales son os retos que plantexará ao fronte do Consello Galego? “Transmitir unha mensaxe de solidez e estabilidade colexial para que as nosos colexiados estén seguros e orgullosos de pertencer a este colectivo”. Darío López Fernández tamén destaca que a curto prazo desexa “entablar un diálogo permanente cos nosos parentes más próximos, os arquitectos” porque, ao seu xuízo, “canto mellor sexa a nosa relación, mellores serán os resultados dos nosos proxectos”. Tamén seguirá exercendo como a voz da arquitectura técnica ante a Administración autonómica.

A profesión, un momento doce
Darío López Fernández, respecto ao futuro dos profesionais da Arquitectura Técnica, destaca que a profesión “vive un momento doce”. Asegura que “hai exceso de traballo e, lamentablemente, non existen suficientes profesionais para cubrir a oferta de emprego no sector”. Según datos que manexa o Consello Galego e os colexios das catro provincias galegas da Arquitectura Técnica, “existen moitas ofertas que non poden ser cubertas pola carencia de profesionais especializados”. Cales son as opcións laborais dun profesional da Arquitectura Técnica? O novo presidente do Consello Galego detállaas: dirección de execución de obras de construción, xefaturas de obras en empresas privadas, redacción de proxectos de acondicionamento de locais, taxacións inmobiliarias, peritaciones xudiciais, coordinacións de seguridade e saúde ou rehabilitación de fachadas.

O máximo representante do Consello Galego da Arquitectura Técnica apunta que o futuro do sector en Galicia pasa pola rehabilitación. “Temos un parque edificado envellecido e con numerosas vivendas baleiras; así como locais comerciais que buscan novas oportunidades”, afirma Darío López Fernández, quen destaca as axudas Next Generation procedentes de Europa. “Estes fondos están a dinamizar o noso sector e permiten mellorar energéticamente as nosas vivendas para reducir o consumo enerxético e minorar o emprego de combustibles fósiles”.

Materiais tradicionais con futuro
Sobre a relación da arquitectura técnica de Galicia e os materiais do futuro, o máximo representante dos profesionais da Arquitectura Técnica lembra que “o sector da construción non escapa á evolución das novas tecnoloxías”. E fai referencia ás impresoras 3D ou a construción de taller, “esa que chega nun tráiler para instalarse nun terreo”. Darío López Fernández tamén aclara que a innovación está nos materiais tradicionais como a madeira, pedra ou lousa, e nos que Galicia é un “potencial de futuro”. “Estes sectores produtivos, representados a través do Clúster da Pizarra, Clúster do Granito, e Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia, están a buscar novas fórmulas de negocio; e ademais fano con criterio e profesionalidade; deixándose aconsellar polos profesionais da Arquitectura Técnica”.

O Consello Galego da Arquitectura Técnica renova cada ano os cargos, que asumen de forma rotatoria os máximos responsables de cada un dos colexios provinciais. A Xunta de Goberno do Consello Galego da Arquitectura Técnica esta presidida desde o 1 de xullo de 2023 e ata o 1 de xullo de 2024 por Darío López Fernández. Ademáis forman parte dela Roberto Medín Guyatt, presidente do COAT da Coruña; José Manuel Grandío Rodríguez, presidente do COAT de Lugo; Manuel Rañó Rodríguez, presidente do COAT de Pontevedra, e a secretaría do Consello Galego, Rosana Rivas Mariño.

+ info: www.aparelladores.org

Prensa del Consello Galego da Arquitectura Técnica. 679.486.961