INFORMES DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS (IAE)
QUE É UN INFORME DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS (IAE)?
De conformidade co artigo 8 da Lei 1/2019, de 22 de abril, o IAE terá unha vixencia de dez anos dende a data da súa elaboración, salvo que o consello estableza unha vixencia menor mediante unha ordenanza municipal.
QUEN E QUE EDIFICIOS ESTÁN OBRIGADOS A DISPOÑER DO IAE?
- Os edificios de uso residencial de vivenda colectiva cunha antigüidade de máis de 50 anos, excepto que a normativa municipal estableza unha antigüidade inferior.
- O resto de edificios, cando así o determine a normativa municipal, que poderá establecer especialidades de aplicación do citado informe en función da súa situación, antigüidade, tipoloxía e uso predominante.
Aos efectos do decreto 61/2021, de 8 de abril, non se consideran de uso residencial de vivenda colectiva os edificios que teñan declaración firme de ruína, excepto que a normativa municipal estableza a necesidade de realizar o IAE nestes edificios.
Para coñecer se o teu edificio debe realizar a inspección técnica de edificios ou o estado actual no que se atopan as inspeccións presentadas, pica neste enlace e cubre o formulario.
COMO SE DETERMINA A ANTIGÜIDADE DUN EDIFICIO?
- A antigüidade dos edificios dos que se deba elaborar o IAE será a que consta na certificación catastral. Así e todo, poderase admitir outra data si se acredita mediante os seguintes documentos e segundo a seguinte orde de prelación:
- Licenza de primeira ocupación.
- Certificado final de obra, referida á finalización da edificación ou á reforma integral de todo o edificio.
- Xustificación técnica da antigüidade baseada na tipoloxía e características construtivas da edificación que permita xustificar a súa antigüidade, así coma calquera outro medio de proba admisible en dereito, soamente no caso de inexistencia de calquera das anteriores.
- A antigüidade dos edificios nos que se acometeran obras de rehabilitación integral contarase a partires da finalización de ditas obras, acreditado coa documentación indicada no parágrafo anterior relativa ás obras de rehabilitación. A estes efectos considerarase que unha obra de rehabilitación ten un carácter de rehabilitación integral cando implique, conxuntamente, a realización de obras de renovación ou adecuación da estrutura, dos elementos ou sistemas construtivos e das instalacións do edificio.
QUE PRAZO TEÑEN OS PROPIETARIOS PARA PRESENTAR O IAE?
De acordo co artigo 7.4 da Lei 1/2019, de 22 de abril, o incumprimento do deber de presentar o IAE en tempo e forma terá a consideración de infracción urbanística, co carácter e as consecuencias que atribúe a Ley 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
QUEN SON OS TÉCNICOS COMPETENTES PARA REDACTAR UN IAE?
- Sentenza núm. 324/22, de 14 de marzo de 2022, da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira do TRIBUNAL SUPREMO.
- Sentenza núm. 31/2022, de 18 de xaneiro de 2022, da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira do TRIBUNAL SUPREMO.
- Sentenza núm. 1464/2021, de 13 de decembro de 2021, da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira do TRIBUNAL SUPREMO.
O Instituto galego de Vivenda e Solo de Galicia pon a disposición dos técnicos a seguinte aplicación informática para a realización do IAE:
APLICACIÓN IAE | MANUAL DE USUARIO |
QUE CONTIDO DEBE TER O IAE?
- Datos de identificación do edificio, da súa propiedade e da persoa que subscribe o IAE.
Neste apartado deberanse definir os datos xerais do edificio, a súa antigüidade, os usos característicos, superficies, tipoloxía do edificio, as características urbanísticas, así coma a descrición dos sistemas construtivos do edificio respecto á cimentación, estrutura, cerramentos verticais, cubertas e instalacións. - Estado de conservación do edificio.
Este apartado deberá incluír as datas da inspección, a descrición de documentación dispoñible das instalacións, as deficiencias encontradas dos distintos sistemas construtivos cunha valoración final do estado do edificio, así como calquera información de interese ou relativa á seguridade que puidera observar na visita.
Neste apartado avaliarase o estado xeral do edificio, dos seus elementos estruturais, construtivos e das instalacións, constatando as patoloxías ou deficiencias que se poidan apreciar da inspección visual e clasificando estas.
No caso das instalacións que requiran, de acordo coa súa normativa de aplicación, unha inspección técnica específica, tales coma ascensores, instalacións eléctricas, ou instalacións térmicas dos edificios, o técnico informante limitarase a requirir ás persoas usuarias, propietarias ou administradoras a presentación da correspondente documentación obrigatoria, coma contratos de mantemento, informes ou outros documentos que acrediten o cumprimento das exixencias propias de cada instalación. No suposto de non presentarse a documentación requirida, tal circunstancia farase constar no informe. No resto das instalacións o técnico informante limitarase a determinar o seu estado de conservación e se cumpre coa súa función.
En calquera caso, se o técnico informante puidera apreciar que o estado ou características de algunha destas instalacións poden poñer en risco a seguridade das persoas usuarias ou do edificio, deberá indicalo no IAE.
No caso de edificios catalogados ou declarados bens de interese cultural, no IAE deberase cumplimentar o apartado específico a estes efectos, no que se deberá indicar a data de inclusión no catálogo ou a data da declaración, segundo o que corresponda, así coma o listado e a avaliación do estado de conservación dos elementos merecedores de protección cultural de acordo coa determinación do catálogo, coa declaración do bén como de interese cultural ou coas normas que determinen a súa proteción. - Condicións básicas de accesibilidade universal dos edificios.
Describiranse as condicións do edificio referidas á accesibilidade e as súas dotacións en función das súas características e definiranse as medidas de adecuación a implantar no edificio, con criterios de flexibilidade, e o seu custo.
Ademais, realizarase unha análise dos posibles efectos discriminatorios da non adopción das medidas de adecuación referidos ao número de persoas con discapacidade ou maiores de 70 anos empadroadas no edificio, así coma o número de vivendas con itinerario accesible.
Deberase avaliar o cumprimento da normativa vixente de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e a utilización do edificio.
Se o edificio non cumprise as condicións do apartado anterior, determinaranse as medidas de adecuación viables para facilitar a súa accesibilidade, así coma o seu custo estimado, co obxecto de que a comunidade de persoas propietarias poida determinar se o seu edificio é susceptible de realizar axustes razoables, nos termos establecidos no texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 7/2015, de 30 de outubro. A estes efectos, no caso de edificios catalogados ou declarados bens de interese cultural, terase en conta a súa normativa de protección e as condicións específicas do inmoble. - Certificación da eficiencia enerxética do edificio.
Indicarase a cualificación global do edificio e a cualificación parcial do consumo de enerxía primaria do edificio, tendo en conta os datos obtidos do certificado de eficiencia enerxética do edificio.
A certificación enerxética do edificio realizarase aos edificios que conteñan uso residencial de vivenda colectiva e estará referida exclusivamente a este uso, inda que no edificio coexistan outros usos. No resto dos edificios obrigados a ter o IAE por normativa municipal, atenderase ao que se dispoña nesa normativa.
Se o edificio xa contara cunha certificación de eficiencia enerxética en vigor e inscrita no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia, sempre que no edificio non houbese variacións que modificaran as características enerxéticas de este, bastará con incorporar ao IAE os datos desta certificación e o seu número de rexistro.
A realización do IAE e a súa inscrición no REGIAE non exime ás persoas propietarias de inscribir o certificado de eficiencia enerxética no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia, se estiveran obrigadas en cumprimento da normativa estatal ou autonómica de aplicación.
O IAE identificará o edificio con expresión da súa referencia catastral e a súa identificación rexistral a través do Código rexistral único (CRU) ao que se refire o artigo 9 da Lei hipotecaria. Os concellos, dentro do seu ámbito de competencia, poderán establecer un contido maior, engadindo calquera outra información que consideren relevante sobre as características ou o estado do edificio.
QUE RESULTADO DEBE RECOLLER O IAE?
- Unha valoración final sobre o estado de conservación do edificio que deberá ser favorable ou desfavorable.
O IAE será desfavorable no caso de existencia de algunha deficiencia grave ou moi grave. Nos demais casos o IAE será favorable con independencia de que nel se poidan recomendar os prazos para a realización de obras para corrixir as deficiencias leves que se sinalen. - As condicións básicas de acesibilidade do edificio no que se indicará se o edificio cumpre ou non as condicións básicas de accesibilidade.
No caso de que non satisfaga ditas condicións, o técnico informante que elabore o IAE determinará cales son as medidas de adecuación que se poderían realizar e o seu importe estimado, ao obxecto de que se poida determinar se son axustes razoables ou non. - A cualificación da certificación enerxética do edificio, incluído o indicador global do edificio en emisións de dióxido de carbono referido en letra e en KgCO2/m2 ano, así coma os indicadores globais de consumo de enerxía referidos en letra e en kWh/m2 ano.
Clasificación das deficiencias:
- Deficiencias moi graves: son as que, polo seu alcance e importancia, implican un risco para a estabilidade do edificio ou de algún dos seus elementos ou instalacións cando supoñan unha ameaza de seguridade para as persoas.
- Deficencias graves: son as que, sin estar clasificadas como deficiencias moi graves segundo a definición anterior, afectan de maneira importante á salubridade e funcionalidade do edificio ao producirse un proceso de perda das prestacións básicas orixinarias que fan precisa unha intervención corretora que exceda do alcance dos traballos de mero mantemento do edificio.
Consideraranse tamén deficiencias graves aquelas outras que, de non emendar mediante a realización de actuacións que superen as de mero mantemento do edificio, poidan dar lugar a aparición de deficiencias moi graves ou deficiencias que afecten de maneira importante á salubridade e funcionalidade do edificio. - Deficiencias leves: son aquelas non incluídas nos apartados anteriores que fan necesaria a realización de traballos de mantemento preventivo e/ou corrector para evitar o seu agravamento ou que acaben provocando a aparición de novas deficiencias.
En relación coas instalacións que requiran pola sua normativa específica a realización de inspeccións periódicas e/ou a firma de contratos de mantemento, considerarase deficiencia leve non presentar a documentación acreditativa de haber realizado as inspeccións ou as actuacións de mantemento exixibles nos prazos que a normativa sectorial estableza.
Se se detectaran deficiencias graves ou moi graves, o IAE deberá recoller as medidas a adoptar, as obras necesarias para emendar as deficiencias e o prazo máximo no que, a xuízo do técnico informante, deben acometerse ditas obras. Se do resultado da inspección se detectan deficiencias no edificio que impliquen a necesidade de declaración de ruína, o técnico informante deberá reflectilo neste. En todo caso, ante deficiencias que poidan supoñer perigo inminente ou un risco para a seguridade e, polo tanto, exixan unha intervención inmediata, o técnico informante deberá comunicar sin demora tal circunstancia ao consello correspondente e a propiedade, propoñendo as medidas provisionais que esta debe adoptar de maneira inmediata.
ONDE PRESENTAR O INFORME DE AVALIACION DE EDIFICIOS (IAE)?
- O arquivo xerado pola aplicación informática posta a disposición polo IGVS para a elaboración do IAE, en formato PDF, que deberá estar totalmente cumprimentado e firmado pola persoa que elaborou dito informe.
- O informe da certificación enerxética do edificio xerado polos programas informáticos recoñecidos, debidamente firmado pola persoa que o elaborou.
No caso de que o edificio xa conte cunha certificación de eficiencia enerxética en vigor e inscrita no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia, eximirase de anexar este informe e bastará con indicar o número dese rexistro no informe de avaliación do edificio para a súa comprobación.
No concello correspondente deberá inscribir na aplicación informática do REGIAE o IAE presentado, no prazo máximo de 3 meses, previa verificación do cumprimento dos requisitos formais establecidos neste decreto. A tal efecto e no seu caso, poderá requirir as correcións oportunas antes da súa su inscrición.
Unha vez realizada a tramitación da inscrición, o concello deberá entregar á persoa interesada o certificado acreditativo.
Só serán válidos os IAE presentados no concello correspondente e debidamente inscritos no REGIAE.
A inscrición dos IAE no REGIAE non suporá, en ningún caso, a conformidade da Administración sobre a idoneidade técnica do contido do informe. En todo caso, os concellos poderán facer as comprobacións ou inspeccións que estimen oportunas e, no seu caso, poderá acordar a baixa do IAE do Rexistro.
NORMATIVA APLICABLE
R.D. 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios.
Decreto 61/2021, de 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios (IAE) e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios.
Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.
PROGRAMA PREE 5000 DE AXUDA PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES EN CONCELLOS DE RETO DEMORÁFICO
QUE É O PROGRAMA PREE 5000 DE ACTUACIÓNS DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS DE VIVENDAS EN MUNICIPIOS DE RETO DEMOGRÁFICO?
O programa PREE 5000 ten por obxecto subvencionar actuacións de mellora de eficiencia enerxética en edificios de tipoloxía residencial colectiva e vivendas unifamiliares ou individuais, situados en municipios de menos de 5.000 habitantes e en municipios de menos de 20.000 habitantes que non teñan ningún núcleo de poboación de máis de 5.000 habitantes.
A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria (código de procedemento VI406D).
QUE ACTUACIÓNS SON SUBVENCIONABLES?
Son subvencionables as seguintes actuacións:
- TIPOLOXÍA 1.- Envolvente térmica Nesta tipoloxía admítense todas aquelas actuacións que consigan reducir as demandas de calefacción e/ou refrixeración do edificio ou vivenda.
- TIPOLOXÍA 2.- Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas Nesta tipoloxía inclúense todas aquelas instalacións térmicas que contribuan á redución do consumo de enerxía primaria non renovable do edificio ou vivenda.
Esta tipoloxía divídese en 5 subtipoloxías:- Enerxía solar térmica.
- Enerxía xeotérmica.
- Biomasa.
O custo máximo elexible destas tres subtipoloxías ven determinado pola potencia térmica instalada. - Outras instalacións distintas das anteriores: hidrotermia, aerotermia, recuperación de calor, etc.
- Todas as actuacións que se fagan nos sistemas de regulación, control e emisión das instalacións.
- TIPOLOXÍA 3.- Mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de iluminación das zonas comúns de edificios de tipoloxía residencial colectiva.
As actuacións subvencionables deberán realizarse en edificacións existentes construídas con anterioridade ao ano 2007.
Custo das actuacións: O custo das actuacións é o da execución das obras e a inversión en equipos con IVE.
Tamén son subvencionables:
- Os custes de xestión con IVE non compensable.
- O custo da redacción dos proxectos, informes técnicos e certificados necesarios con IVE non compensable.
- Os gastos derivados da tramitación administrativa con IVE non compensable.
Non son subvencionables:
- Os xeradores térmicos que empreguen combustibles fósiles como gasóleo, gas, ….
- As licenzas, taxas, impostos (agás IVE non compensable) ou tributos.
- As intervencións en edificios existentes que supoñan unha ampliación, nos cales se incremente a superficie ou volume construído.
- As intervencións en edificios existentes que supoñan un cambio de uso do edificio.
- Tampouco serán subvencionables as actuacións iniciadas con anterioridade á data de rexistro da solicitude desta axuda.
QUE REQUISITOS E AXUDAS TEN O PROGRAMA PREE 5000?
Os requisitos para aceder ás axudas do programa PREE 5000 son os siguintes:
- Acadar a mellora dunha letra na calificación enerxética do indicador de CO2.
- Acadar unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30%
As axudas dependen da Opción da que se trate:
- OPCIÓN A: Rehabilitación dun edificio completo de tipoloxía residencial colectiva ou de vivenda unifamiliar.
- OPCIÓN B: Rehabilitación dunha vivenda individual dentro dun edificio de tipoloxía residencial colectiva.
E consisten no seguinte:
- Unha axuda base
- Unhas axudas adicionais
As axudas adicionais poden ser:
- Por Criterios sociais: edificio ou vivenda de Protección oficial ou integrada nun Área de Rehabilitación e Rexeneración Urbana ou Rural (ARRU)
- Por Eficiencia enerxética. – Contemplanse tres situacións: Mellora de 2 letras ou máis, Calificación enerxética B e Calificación enerxética A.
- Por Actuación integrada: Os edificios de uso vivenda que realicen simultáneamente a combinación de dous o máis tipoloxías de actuación, sendo obrigatoriamente unha de elas sobre a envolvente térmica (tipoloxía 1) que supoña unha disminución mínima da demanda global en calefacción e refrixeración do 30 %, combinada con outra actuación sobre a instalación térmica da tipoloxía 2 (subtipoloxías 2.2 a 2.4) que supoña, a lo menos, a sustitución do 60 % da potencia de xeneración térmica existente. No caso de que se realice unha instalación solar térmica (subtipoloxía 2.1) a condición será que cubra a lo menos o 30% a demanda de enerxía para agua quente sanitaria e/ou climatización de piscinas, calculada conforme se establece no Código Técnico da Edificación no caso da tipoloxía S1 ou o 30 % da demanda de calefacción e/ou refrixeración no caso das tipoloxías S2 e S3.
ESTA SUBVENCIÓN TEN BENEFICIOS FISCAIS?
DEDUCCIÓN ( % Sobre cantidades satisfeitas) | OBXECTO | CONDICIÓNS | PRAZO EXECUCIÓN | BASE MÁXIMA | PERÍODO APLICACIÓN |
60% | Obras de rehabilitación enerxética de vivendas ubicadas en edificios de uso predominantemente residencial. | Redución de consumo de enerxía primaria non renovable > 30% ou mellora calificación enerxética do edificio obtendo clase ‘A’ ou ‘B’, necesita certificado técnico competente. | 06/10/2021 ao 31/12/2022 | 5.000,00€/ano. A parte non deducida por exceder límite anual aplica en exercicios seguintes, sen que o acumulado > 15.000,00€ |
2021, 2022 e 2023 en relación con cantidades sastifeitas cada período sempre que expidan certificado, e en todo caso antes do 01/01/2024. |
Deducións cuota autonómica
DEDUCCIÓN ( % Sobre cantidades satisfeitas) | OBXECTO | CONDICIÓNS | BASE MÁXIMA | PERÍODO APLICACIÓN |
15%* | Obras para redución de demanda de calefacción e refrixeración de vivenda habitual ou alugada | Consecución da mellora dunha letra na calificación enerxética para CO2 e Cepnr | 9.000,00€ | Período impositivo no que se expide certificado. |
100%** | Honorarios Certificado eficiencia enerxética e rexistro. | Ten que xustificarse o salto de letra | 150,00€ | Período impositivo no que se expide certificado. |
5%* | Instalación de climatización ou ACS que empreguen enerxías renovables | Non utilización de combustibles fósiles nos xeneradores novos | 280,00€ | Período impositivo no que se expide certificado. |
* Incompatibles entre sí ** Se se trata dunha comunidade, prorratearanse os 150 € entre os propietarios |
*Non se admitirá en ningún caso o pagamento en efectivo das cantidades satisfeitas, non dando estas, dereito a dedución.
*Non formarán parte da base da actuación as cantidades satisfeitas que tivesen sido subvencionadas a través dun programa de axudas públicas.
*As cantidades satisfeitas por obras realizadas poden incluír os honorarios profesionais, custos de redacción de proxectos técnicos, dirección de obra, custo de execución de obras ou instalacións, inversión en equipos e materiais e outros gastos necesarios para o seu desenvolvemento, así coma, a emisión dos correspondentes certificados de eficiencia enerxética. En todo caso, non se considerarán en ditas cantidades os custos relativos á instalación ou substitución de equipos que utilicen combustibles de orixe fósil.
ONDE E CÓMO SE SOLICITA ESTA SUBVENCIÓN?
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
No modelo de solicitude constarán como de obrigada consignación os seguintes campos:
- a opción da actuación,
- os datos do edificio ou vivenda que se vai rehabilitar,
- consumo de enerxía primaria non renovable e a cualificación enerxética actuais e as previstas tras a rehabilitación,
- investimento total, o gasto subvencionable, o importe total da axuda solicitada, así como as anualidades de execución, a porcentaxe do orzamento que se vaia executar e a axuda que se xustificará en cada unha delas.
No caso de solicitar dúas ou máis tipoloxías de actuacións e optar, ademais, pola axuda adicional, deberán indicar a porcentaxe de mellora da demanda global de enerxía de calefacción e refrixeración resultante despois da rehabilitación.
Na solicitude consignarase o número de inscrición no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RGEEE) do certificado de eficiencia enerxética do edificio existente no seu estado actual, asinado por un/unha técnico/a competente. Para a elaboración deste certificado terase en conta o especificado no número 2.b) do punto 1 do anexo IV do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto.
QUE DOCUMENTACIÓN DEBE APORTARSE XUNTO COA SOLICITUDE?
- Documentación acreditativa da representación da persoa ou entidade que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante, de ser o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito.
- Escritura pública, certificado ou nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade do inmoble, no caso de que a solicitante sexa unha persoa física, unha persoa xurídica de natureza privada ou unha agrupación de persoas propietarias que non consten como titulares catastrais.
- Informe xustificativo asinado pola persoa o entidade solicitante, que no caso dunha comunidade de persoas propietarias será o/a presidente/a, en que se indicarán as tipoloxías de actuación en que se encadra a axuda solicitada, a descrición das actuacións subvencionables, a xustificación do custo elixible e a contía máxima da axuda solicitada.
- Certificado da eficiencia enerxética do edificio alcanzado tras a reforma proposta e coas actuacións específicas para as que se solicita a axuda, asinado por un/unha técnico/a competente, que demostre que o proxecto permite dar un salto en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano) e se consegue un aforro mínimo de enerxía primaria non renovable do 30 % con respecto ao certificado da eficiencia enerxética do edificio actual inscrito no RGEEE. Para a elaboración deste certificado terase en conta o especificado no número 2.b) do punto 1 do anexo IV do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto. Con este certificado achegaranse os arquivos dixitais xerados polo programa utilizado para a súa elaboración.
- Proxecto ou memoria técnica, no caso de que non se requira proxecto, onde se describan adecuadamente as actuacións que se pretende realizar e a situación de partida, subscrita por un/unha técnico/a competente ou instalador, de ser o caso. No proxecto ou memoria técnica xustificarase o cumprimento das exixencias básicas do Documento básico do aforro de enerxía DB-HE do Código técnico da edificación que sexa de aplicación á tipoloxía para a cal se solicita a axuda.
O proxecto ou memoria técnica incluirá un estudo de xestión de residuos onde se xustifique o cumprimento do punto 11, letra c), do artigo 17 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, asinado por un técnico competente ou, na súa falta, declaración responsable asinada polo representante do beneficiario en que se compromete a cumprir e achegar toda a documentación necesaria para xustificar o cumprimento do indicado no punto 11, letra c), do artigo 17 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto. Podes descargar o modelo de declaración responsable picando neste enlace.
Xustificarase que as actuacións previstas non causarán un prexuízo significativo ao ambiente ou, de ser o caso, as medidas correctoras que se adoptarán para cumprir cos criterios da «Guía para o deseño e desenvolvemento de actuacións acordes co principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente» , publicada polo Ministerio para a Transición e o Reto Demográfico. - Orzamento/s da empresa ou empresas que realizarán a execución das actuacións, suficientemente desagregado/s, de data posterior ao 5 de agosto de 2021.
No suposto de que o importe correspondente aos custos elixibles da actuación supere a contía de 40.000 euros para obras e/ou 15.000 euros en servizos ou subministracións, presentaranse tres orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme os criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. - Documento ou oferta vinculante contractual formalizada coa empresa ou profesional correspondente para a xestión técnica, administrativa e documental da solicitude, de ser o caso.
- Avaliación favorable de adecuación ou declaración responsable de cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido establecido no punto 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.
- Reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, do estado actual da edificación en que se van levar a cabo as actuacións subvencionables.
- Anexo II, para o caso da opción A de edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, de comprobación de datos das persoas e entidades partícipes nas obras e interesadas na subvención (deben presentarse tantos anexos II como vivendas e locais partícipes e interesados na subvención se sinalen nos anexos I, III e IV).
- Anexo III, de certificado do/dos acordo/s da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de nomeamento do presidente, do administrador e/ou secretario da comunidade de propietarios, de aprobación da realización das obras necesarias para a rehabilitación enerxética de edificio existente, de solicitar a axuda deste programa e de facultar o presidente como representante para realizar a tramitación da axuda, e da relación das persoas propietarias comuneiras, con indicación das súas correspondentes cotas de participación e o número total de vivendas que integran o edificio, así como cales delas participan nas obras.
- Anexo IV, de certificado do acordo da agrupación de persoas físicas, de persoas xurídicas de natureza privada ou de persoas físicas e de persoas xurídicas de natureza privada, propietarias no seu conxunto do edificio obxecto da actuación, que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título de constitutivo de propiedade horizontal, onde se aprobou a creación da agrupación, se acordou a execución das obras, se nomeou un representante para a presentación, seguimento da solicitude das axudas e cumprimento das obrigas que como persoas copropietarias lles puidesen corresponder e que constará, para os efectos deste programa, ben como solicitante da axuda (para o suposto de agrupación de persoas físicas ou de persoas xurídicas), ben como encargado de efectuar e xustificar o investimento obxecto da axuda (para o suposto de agrupación de persoas físicas e persoas xurídicas), e deberá especificar a relación das persoas copropietarias, con indicación das súas correspondentes cotas de participación na propiedade do edificio, así como cales delas participan nas obras.
As solicitudes que no momento da súa presentación non veñan acompañadas, de ser o caso, dos documentos sinalados nas letras c), d), e), j), k) e l) do punto 1 deste ordinal serán automaticamente inadmitidas.
CANDO FINALIZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES?
O prazo para solicitar as axudas desta convocatoria remata o 30 de setembro de 2022, agás que, con anterioridade, se houbese esgotado o crédito orzamentario.
Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta o orde cronolóxico de entrada das solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia ata que se esgote o orzamento. Considerarase data de presentación aquela na que a solicitude quedase vaalidamente presentada, por estar cuberta de forma correcta e vir acompañada da totalidade dos documentos esixidos nesta resolución. Así mesmo, considerarase esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe total do crédito desta convocatoria.
QUE DOCUMENTACIÓN DEBE APORTARSE PARA O PAGAMENTO DA AXUDA?
- As persoas e as entidades beneficiarias deberán comunicar ao órgano instrutor a finalización das obras relativas a cada unha das anualidades previstas na resolución de concesión e presentar a documentación xustificativa das actuacións realizadas. A comunicación da execución parcial das actuacións deberá realizarse nun prazo máximo de quince días, contado desde o seguinte ao da finalización das obras desa anualidade. A comunicación da execución final das actuacións deberá realizarse nun prazo máximo de tres meses, contado desde o seguinte ao da finalización das obras ou do prazo máximo concedido para a súa execución na resolución de concesión. A comunicación realizarase mediante a presentación do anexo V que se xunta a esta resolución.
- A comunicación de execución parcial das actuacións deberá ir acompañada, tanto para a opción A como para a opción B, da seguinte documentación:
- No caso de ter iniciado as obras, licenza de obras ou comunicación previa, para o suposto de que a actuación non requira licenza, e acta de inicio das obras ou certificado emitido polo/a técnico/a responsable da súa execución.
- Memoria económica xustificativa do custo das actuacións realizadas, en que se faga constar o cumprimento das actuacións da anualidade que lle corresponda xustificar. Conterá a relación clasificada de gastos polas actuacións realizadas, coas correspondentes facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, onde consten a identificación da persoa acredora, o seu importe e a súa data de emisión, así como os documentos que xustifiquen o seu pagamento. Para estes efectos, o seu pagamento deberá xustificarse mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola persoa ou entidade solicitante.
- Memoria explicativa das obras realizadas asinada por persoa técnica competente.
- Fotografías que mostren as obras realizadas.
- De conformidade co sinalado no punto 2 do ordinal décimo noveno da resolución, documento acreditativo da constitución das correspondentes garantías, cando estas sexan obrigatorias.
- Ao abeiro do anexo III, letra B, do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, a comunicación de execución final das actuacións e a súa xustificación para a opción A deberá vir acompañada, ademais da documentación sinalada na letra a) do punto anterior, no caso de que non se presentase con anterioridade, coa documentación que proceda, da sinalada a continuación:
- Certificado final da obra subscrito pola dirección facultativa, no suposto de actuacións de mellora da envolvente térmica (tipoloxía 1).
- Certificado da instalación térmica, subscrito polo/a director/a da instalación ou instalador autorizado, rexistrado no órgano competente da Comunidade Autónoma de acordo co RITE, no caso das actuacións sobre instalacións térmicas (tipoloxía 2).
- Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, conforme o exixido polas bases reguladoras e pola resolución de concesión da axuda, con indicación das actividades realizadas, dos resultados obtidos e a data de conclusión das actuacións. Esta memoria será realizada e subscrita por un/unha técnico/a titulado/a competente autor/a do proxecto ou da dirección facultativa da obra.
- Informe que acredite a adecuada realización das actuacións obxecto da axuda concedida de acordo coa documentación presentada na solicitude da axuda, emitido por un organismo de control ou entidade de control que cumpra os requisitos técnicos establecidos no Real decreto 410/2010, do 31 de marzo, polo que se desenvolven os requisitos exixibles ás entidades de control de calidade da edificación e aos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación, para o exercicio da súa actividade ou por unha entidade de control habilitada para o campo regulamentario das instalacións térmicas reguladas pola Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial, na especialidade ou especialidades que mellor se adecúen a natureza da actuación.
- Relación certificada e copia dos pedidos e/ou contratos relativos ás actuacións realizadas.
- Relación certificada e copia das facturas e dos seus correspondentes xustificantes bancarios de pagamento, relativos ao investimento elixible realizado e que respondan ao orzamento e contratos presentados. Exímese da obriga de presentar aquelas facturas que teñan un importe inferior a 3.000 euros. No caso da cesión dos dereitos de cobramento da subvención prevista no ordinal vixésimo, considéranse xustificantes de pagamento os certificados ou anotacións en conta das transferencias bancarias realizadas coa identificación do importe, da persoa que a ordena e da persoa receptora.
- Reportaxe fotográfica das actuacións realizadas, que inclúa fotografías da situación do edificio despois das actuacións e, de ser o caso, dos equipamentos e instalacións principais finais obxecto da axuda, e onde se mostre o cartel publicitario ou sinalización da actuación. Información e enlace ao sitio da internet da beneficiaria, no caso de que dispoña dun, onde o dito destinatario último das axudas informará o público do posible apoio obtido dos fondos Next Generation ou Plan de recuperación, transformación e resiliencia e/ou, de ser o caso, do instrumento da Unión Europea que corresponda, facendo unha breve descrición da operación, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión Europea.
- Documentación xustificativa sobre o proceso de contratación das actuacións por parte do destinatario último das axudas.
- Declaración responsable, previa á xustificación por parte da beneficiaria, en que se garanta o proceso de contratación das actuacións, a existencia dunha contabilidade separada ou diferenciada para todas as transaccións relacionadas, o cumprimento das normas nacionais e comunitarias sobre requisitos de igualdade de oportunidades e non discriminación aplicables a este tipo de actuacións, o cumprimento das normas ambientais nacionais e comunitarias, e sobre desenvolvemento sustentable e a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no ámbito de xestión do proxecto obxecto de axuda (segundo o modelo que estará dispoñible na web do IDAE ou do IGVS).
- Documentación xustificativa do cumprimento do indicado no punto 11, letra c), do artigo 17 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, mediante a achega do proxecto ou memoria técnica onde se inclúa un estudo de xestión de residuos de construción e demolición, así como do correspondente plan de xestión dos residuos de construción e demolición en que se concrete como se aplicará, segundo o regulado polo Real decreto 105/2008, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición. A xustificación do anterior realizarase da forma seguinte:
- Para a correcta acreditación do cumprimento da valorización do 70 % dos residuos de construción e demolición (artigo 17.11.c), o adxudicatario presentará unha memoria resumo onde se recolla a cantidade total de residuos xerados, clasificados por códigos LER, e os certificados dos xestores de destino, onde se indique a porcentaxe de valorización acadada en cada unha das instalacións. Os residuos perigosos non valorizables non se terán en conta para a consecución deste obxectivo.
- O cumprimento do establecemento de medidas para realizar unha demolición selectiva acreditarase mediante os códigos LER incluídos nos certificados expedidos polos xestores como xustificación da entrega dos residuos xerados. Estes códigos serán os correspondentes ás fraccións retiradas selectivamente, como por exemplo 170101, 170102, 170201, 170202, 170203, 170402, 170403 ou 170405.
- No caso de que se valoricen residuos na propia obra, o adxudicatario incluirá na memoria resumo información sobre as cantidades valorizadas, por código LER e os medios utilizados (planta móbil, xestor, etc.).
- No caso de que se utilicen áridos reciclados procedentes de residuos, o adxudicatario incluirá na memoria resumo a documentación que acredite a compra destes materiais, en que indicarán a cantidade e o tipo de material.
- No caso de que se produzan residuos de amianto, será necesario xustificar o seu adecuado tratamento a través da notificación previa do traslado dos residuos de amianto desde o lugar de xeración ata o xestor de residuos e os documentos de identificación dos traslados de residuos asociados a eses movementos, en aplicación do Real decreto 553/2020, do 2 de xuño, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado.
- Para os proxectos da opción A, cunha axuda concedida inferior a 50.000 euros e de maneira opcional, poderá entregarse unha conta xustificativa coa achega de xustificantes de gasto, segundo o previsto nos números 1 e 2.a), b), e) e f) do artigo 72 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo. Neste suposto non será obrigatorio achegar a documentación que se indica nas letras c) e f) do punto anterior.
Da mesma maneira e en todos os casos, opcionalmente, poderá entregarse a conta xustificativa coa achega dun informe de auditor, segundo o previsto no artigo 74 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, caso en que non será obrigatorio achegar a documentación sinalada nas letras c), e), f), g), h) e i) do punto anterior, sempre que o alcance do informe do auditor conteña a comprobación dos puntos sinalados na letra B, alínea k), do anexo III do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto. - De conformidade co sinalado no anexo III, letra B, in fine do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, a comunicación de execución final das actuacións e a súa xustificación para a opción B deberá vir acompañada, ademais da documentación sinalada na letra a) do punto 2 deste ordinal, se non se presentou con anterioridade, coa documentación sinalada nas letras a), b), c), f), g) e h) do punto 3 deste ordinal.
- Será requisito necesario para a presentación da comunicación final das obras que o certificado de eficiencia enerxética obtido unha vez realizadas as actuacións, subscrito polo/a técnico/a competente, en que se acredite a mellora mínima dunha letra na súa cualificación enerxética, medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano), así como a redución mínima do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto á situación de partida, conste inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RGEEE), para a comprobación de que se cumpren as condicións exixidas para a concesión tanto das axudas básicas como das adicionais.
- A documentación presentarase na mesma forma que a solicitude e a documentación complementaria.
- Transcorridos os prazos indicados no punto 1 deste ordinal sen que as persoas ou entidades beneficiarias presenten a documentación xustificativa da anualidade correspondente, o órgano instrutor requiriraas para que a presenten nun prazo improrrogable de dez días. En ningún caso se admitirá a presentación da documentación xustificativa, parcial ou final, da subvención con posterioridade ao 30 de novembro de cada unha das anualidades comprendidas na resolución de concesión, salvo que o dito requirimento se fixese dentro dos dez días anteriores a esa data.
- No caso de que o ritmo de execución das obras fose diferente ao establecido na resolución de concesión, poderán reaxustarse as anualidades, logo da solicitude da persoa ou da entidade beneficiaria, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, sempre que exista dispoñibilidade orzamentaria para a súa realización.
- No caso de non se presentase a xustificación da anualidade correspondente nos prazos indicados nin se concedese un reaxuste das anualidades, perderase o dereito a cobrar a parte da subvención correspondente á citada anualidade, o que será notificado á persoa ou á entidade beneficiaria a través da oportuna resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, de conformidade co establecido no artigo 89 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, para o cal se utilizará o procedemento previsto no artigo 42 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.
- Unha vez presentada a documentación xustificativa e despois das comprobacións e inspeccións que se consideren oportunas, o órgano instrutor emitirá un certificado acreditativo das verificacións realizadas, en que se detallarán expresamente os principais requisitos exixidos nas bases reguladoras e o alcance das comprobacións practicadas, e elevará unha proposta de pagamento á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, quen resolverá en atención aos recursos económicos dispoñibles, con expresa referencia á procedencia dos fondos, mencionando o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, o Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como o financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
QUE OBRIGAS TEÑEN AS PERSONAS BENEFICIARIAS DA AXUDA?
Ademais das recollidas nos artigos 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as persoas e as entidades beneficiarias terán as seguintes obrigas:
- Executar as actuacións subvencionadas dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión, cumprindo as condicións e prescricións que nela se establezan.
- Xustificar a execución da actuación presentando os documentos sinalados nas bases reguladoras e no ordinal décimo oitavo desta resolución.
- Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que o IGVS considere pertinentes ao longo do proceso de execución e as que deriven da normativa aplicable á xestión de axudas financiadas con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.
- Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio da súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
- Comunicar ao IGVS a alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas deste programa.
- Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
- Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento en que se aboen as subvencións.
- Dar a adecuada publicidade e información de que as actuacións están subvencionadas no marco do Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética de edificios existentes en municipios de reto demográfico, de conformidade co establecido no artigo 25 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, e no artigo 9.3.b) da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, dándolle visibilidade, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».
- Cumprir as demais obrigas que derivan das bases reguladoras contidas no Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, e desta resolución de convocatoria.
EN QUE CASOS SE PODE PRODUCIR A PERDA E REINTEGRO DA AXUDA?
- Serán causa de perda e reintegro da subvención, ademais das previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o incumprimento das obrigas recollidas no ordinal décimo sexto da resolución. Así mesmo, poderá ser causa de perda da subvención a non comunicación ao órgano instrutor de calquera modificación das circunstancias determinantes do recoñecemento da subvención.
- A perda do dereito á percepción da axuda outorgada comportará, de ser o caso, o reintegro das cantidades aboadas ata ese momento, incrementadas cos xuros de demora desde a data do seu pagamento.
- Conforme o artigo 36.2 da Lei 9/2007, do 13 xuño, os membros da comunidade de persoas propietarias e as persoas propietarias de edificios formalmente agrupadas que non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal responderán solidariamente da obriga de reintegro, en proporción á súa respectiva participación na actuación.
- O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e, de ser o caso, para facer efectiva a devolución, será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
- O cumprimento parcial das condicións establecidas ou a realización en prazo de só unha parte da actuación comprometida, sempre que se acredite a mellora da cualificación enerxética total do edificio existente en, polo menos, unha letra, medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2) con respecto á cualificación enerxética inicial do edificio, así como a redución mínima do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto á situación de partida, poderá dar lugar ao axuste da axuda concedida, sempre que non se procedese á revogación da axuda polo incumprimento doutras obrigas esenciais ou requisitos establecidos nas bases reguladoras, e sen prexuízo da obriga de reintegro proporcional que corresponda, de ser o caso.
NORMATIVA APLICABLE
Resolución do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual (DOG nº 212 do 4 de novembro de 2021)
Real Decreto 691/2021, de 3 de agosto, polo que se regulan as subvencións a outorgar a actuacións de rehabilitación energética en edificios existentes, en ejecución do Programa de rehabilitación energética para edificios existentes en municipios de reto demográfico (Programa PREE 5000), incluído no Programa de regeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e regeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como a súa concesión directa ás comunidades autónomas (BOE nº 185 de 4 de agosto de 2021).
PROGRAMA 4 DE AXUDA ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS CON FONDOS NG
QUE É O PROGRAMA 4 DE ACTUACIÓNS DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS DOS FONDOS NEXT GENERATION?
A concesión das subvencións recollidas neste programa, tramitaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible, 2.991.655 euros, para a anualidade 2022, e 10.463.535 euros, para a anualidade 2023.
QUE ACTUACIÓNS SON SUBVENCIONABLES?
Son subvencionables as seguintes actuacións:
- Redución da demanda enerxética global ≥ 7% (mellora do illamento).
- Redución do consumo de enerxía primaria non renovable ≥ 30% (mellora do illamento e/ou instalacións térmicas).
- A modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente para adecuar os valores de transmitancia e permeabilidade ao aire ó CTE DB HE1 (substitución de ventás).
Tamén son subvencionables:
- Os custes de xestión con IVE non compensable.
- O custo da redacción dos proxectos, informes técnicos e certificados necesarios con IVE non compensable.
- Os gastos derivados da tramitación administrativa con IVE non compensable.
Non son subvencionables:
- Os xeradores térmicos que empreguen combustibles fósiles como gasóleo, gas, ….
- As licenzas, taxas, impostos (agás IVE non compensable) ou tributos.
CAL É A CONTÍA DA SUBVENCIÓN E OS SEUS REQUISITOS?
O custo das actuacións ten que ser superior a 1.000 €/vivenda.
Calquera das actuacións subvencionables deberá cumprir coa normativa vixente que lle sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que istas as requiran.
As actuacións deberán estar definidas nun proxecto ou nunha memoria, segundo corresponda.
As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar rematadas no momento da presentación da correspondente solicitude.
O prazo para executar as obras para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade nas vivendas que se acollan ás axudas deste programa non poderá exceder de doce meses, contados dende a data de notificación da resolución de concesión da axuda.
Deberá aportarse a solicitude e documentación que se indica na convocatoria, segundo corresponda.
ESTA SUBVENCIÓN TEN BENEFICIOS FISCAIS?
DEDUCCIÓN ( % Sobre cantidades satisfeitas) | OBXECTO | CONDICIÓNS | PRAZO EXECUCIÓN | BASE MÁXIMA | PERÍODO APLICACIÓN |
20% | Obras para redución de demanda de calefacción e refrixeración de vivenda habitual ou alugada | Redución de demanda de calefacción e refrixeración > 7%, necesita certificado técnico competente | 06/10/2021 ao 31/12/2022 | 5.000,00€ | Período impositivo no que se expide certificado, sempre antes do 01/01/2023 |
40% | Obras mellora consumo enerxía primaria non renovable de vivenda habitual ou alugada. | Redución de consumo de enerxía primaria non renovable de > 30% ou mellora califación enerxética obtendo clase ‘A’ ou ‘B’, necesita certificado técnico competente. | 06/10/2021 ao 31/12/2022 | 7.500,00€ | Período impositivo no que se expide certificado, sempre antes do 01/01/2023 |
*Non se admitirá en ningún caso o pagamento en efectivo das cantidades satisfeitas, non dando estas, dereito a dedución.
*Non formarán parte da base da actuación as cantidades satisfeitas que tivesen sido subvencionadas a través dun programa de axudas públicas.
*As cantidades satisfeitas por obras realizadas poden incluír os honorarios profesionais, custos de redacción de proxectos técnicos, dirección de obra, custo de execución de obras ou instalacións, inversión en equipos e materiais e outros gastos necesarios para o seu desenvolvemento, así coma, a emisión dos correspondentes certificados de eficiencia enerxética. En todo caso, non se considerarán en ditas cantidades os custos relativos á instalación ou substitución de equipos que utilicen combustibles de orixe fósil.
ONDE E COMO SE SOLICITA ESTA SUBVENCIÓN?
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.
No modelo de solicitude e deberán constar obrigatoriamente os seguintes campos:
- Datos da vivenda en onde se realizan as actuacións de mellora de eficiencia enerxética e a súa referencia catastral.
- Datos de consumo de enerxía primaria non renovable e de demanda enerxética da vivenda no seu estado actual e no seu estado tras a realización das actuacións.
- Número de inscrición do certificado de eficiencia enerxética actual (CEE) no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RGEEE).
- Descrición da actuación subvencionable, investimento total, o custo subvencionable, a contía da axuda solicitada, así coma a anualidade prevista de finalización da execución.
E realizar as seguintes declaracións:
- Declaración responsable de que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de haber solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.
- Compromiso de comunicar calquera outra subvención que solicite ou lle sea concedida para a mesma finalidade, con indicación da súa contía e do organismo outorgante.
- Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, agás a da letra e) de ditos artigos relativa á obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social.
- Declaración responsable de que están ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade co artigo 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
- Declaración responsable de que as obras non se iniciaron antes do 1 de febreiro de 2020 nin están rematadas no momento da presentación desta solicitude.
- Declaración responsable de que coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nas bases reguladoras e na convocatoria deste programa.
- Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.
QUE DOCUMENTACIÓN DEBE APORTARSE XUNTO COA SOLICITUDE?
- Documentación acreditativa da representación da persoa ou entidade que actúe en nome da persoa física solicitante, no seu caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pode descargarse no seguinte enlace.
- Escritura pública, certificado, nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade da propiedade ou do usufruto da vivenda, no caso de que o solicitante sexa unha persoa física que non conste como titular catastral.
- Contrato de alugamento da vivenda e autorización da persoa arrendadora para a realización das actuacións, no caso de que a persoa solicitante sexa arrendataria.
- Proxecto da actuación a realizar ou, de ser o caso, memoria xustificativa da actuación, que deberán contar coa conformidade do beneficiario. A documentación mínima desta memoria será descrición e xustificación do cumprimento dos requisitos, orzamento desagregado e planos. Así mesmo, incluirá a contía da axuda solicitada.
- Certificado de eficiencia enerxética da vivenda do seu estado final, considerando realizadas as actuacións previstas, realizado co mesmo programa recoñecido de certificación que o utilizado para o certificado de eficiencia enerxética do seu estado actual ou previo á intervención, subscrito por técnico/a competente, en que se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos para a obtención da axuda. Con este certificado xuntaranse os arquivos dixitais xerados polo programa utilizado para a súa elaboración.
* As solicitudes que no momento da súa presentación non veñan acompañadas dalgún dos documentos sinalados nas letras d) ou e), anteriormente indicados, ou non indiquen o número de inscripción no RGEEE do certificado de eficiencia enerxética da vivenda no estado actual ou previo á intervención serán automáticamente rexeitadas. - Solicitude de licenza ou comunicación previa, segundo proceda. Se as obras están iniciadas, licenza urbanística ou, no caso de comunicación previa, incluirá unha declaración responsable de que non foi requirido polo concello para a súa emenda.
- No suposto de que o importe correspondente aos custos elixibles da actuación supere a contía de 40.000 euros en obras e/ou 15.000 euros en servizos ou subministracións para o mesmo contratista ou provedor, copia de tres orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 31.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme os criterios de eficiencia e economía, debendo xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
- Reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, dos elementos obxecto da axuda antes da actuación.
- Avaliación favorable de adecuación ou declaración responsable do cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido establecido no punto 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia. No caso de optar pola declaración responsable, axustarase ao contido do anexo IV, que podes descargar picando neste enlace (buscar enlace).
- Anexo V, de declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o obxecto de xestión, e de ausencia de conflito de intereses en relación coa execución e actuacións do PRTR, que podes descargar picando neste enlace (buscar enlace).
- Anexo VI, de declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución e actuacións do PRTR, que podes descargar picando neste enlace (buscar enlace).
- No suposto de actuar por medio dun axente ou xestor de rehabilitación, o documento acreditativo do correspondente acordo coa persoa propietaria, usufrutuaria ou arrendataria interesada na subvención.
CANDO REMATA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES?
Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta o orde cronolóxico de entrada das solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia ata que se esgote o orzamento. Considerarase data de presentación aquela na que a solicitude quedase validamente presentada, por estar cuberta de forma corretca e vir acompañada da totalidade dos documentos esixidos nesta resolución. Así mesmo, considerarase esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe total do crédito desta convocatoria.
QUE DOCUMENTACIÓN DEBE APORTARSE PARA O PAGAMENTO DA AXUDA?
- Licenza de obras ou comunicación previa con declaración responsable de que non foi requirido polo Concello para a súa emenda.
- Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, conforme co exixido polas bases reguladoras e a resolución de concesión da axuda, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos. Esta memoria será realizada e subscrita pola persoa técnica titulada competente, indicarase, así mesmo, a data de conclusión das actuacións e farase constar o cumprimento da normativa de obrigado cumprimento que lle sexa de aplicación.
- Certificado de eficiencia enerxética obtido unha vez realizadas as actuacións elaborado co mesmo programa recoñecido de certificación que o utilizado para o certificado previo á intervención, subscrito por persoa técnica competente, en que se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos para a obtención da axuda, e inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RGEEE).
- Certificado da instalación térmica, de ser o caso, subscrito polo director da instalación ou instalador autorizado, rexistrado na consellería competente en materia de industria.
- Reportaxe fotográfica das obras executadas, preferentemente en cor.
- Xustificantes de gasto e pagamento da actuación levada a cabo.
- Anexo III, no caso de cesión do dereito de cobramento da subvención á persoa contratista das obras ou ao axente ou xestor da rehabilitación, que podes descargar picando neste enlace.
A documentación a aportar para o pagamento da axuda, debe tramitarse no prazo máximo de 3 meses, contado dende o día seguinte ó de finalización das obras e, en todo caso, sempre dentro da anualidade que figura na resolución de concesión como prazo de finalización das obras.
QUE OBRIGAS TEÑEN AS PERSOAS BENEFICIARIAS DA AXUDA?
- Executar as actuacións subvencionadas dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión, cumprindo as condicións e prescricións que nela se establezan.
- Xustificar a execución da actuación presentando os documentos sinalados nas bases reguladoras e no ordinal décimo noveno desta resolución.
- Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que o IGVS considere pertinentes durante o proceso de execución e as que se deriven da normativa aplicable á xestión de axudas financiadas cos fondos do mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia, «Regulamento do MRR», e demais disposicións que articulen o MRR e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR).
- Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
- Comunicar ao IGVS a alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas deste programa.
- Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
- Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento en que se aboen as subvencións.
- Cumprir cos requisitos que figuren no Manual de imaxe do programa que estará dispoñible na web do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (http://www.mitma.es), en toda referencia en calquera medio de difusión á actuación obxecto das axudas.
- Cumprir as demais obrigas que derivan das bases reguladoras contidas no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, e desta resolución de convocatoria.
ESTA AXUDA É COMPATIBLE CON OUTRAS AXUDAS?
- Los destinatarios últimos de este programa podrán compatibilizar estas ayudas con las del programa de actuaciones de rehabilitación a nivel de barrios o con las del programa de rehabilitación integral de edificios, siempre y cuando quede acreditado que no se subvenciona el mismo coste. En estos casos, tanto en la solicitud de la ayuda como en el procedimiento de verificación, se hará constar expresamente, mediante declaración responsable, que no se ha solicitado ayuda para la misma actuación en los programas antes citados.
En todo caso, en la consecución de los hitos y objetivos establecidos en la Decisión de Ejecución del Consejo, de 16 de junio de 2021, relativa a la aprobación de la evaluación del plan de recuperación y resiliencia de España, vinculados con el desarrollo de este programa se considerarán exclusivamente las actuaciones financiadas a través del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia de España. - Las subvenciones de este programa serán compatibles con cualesquiera otras ayudas públicas para el mismo objeto, siempre que no se supere el coste total de las actuaciones y siempre que la regulación de las otras ayudas ya sean de ámbito nacional o europeo lo admitan, siendo de aplicación lo dispuesto en el artículo 9 do Reglamento (UE) 2021/241 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 12 de febrero de 2021, que establece que la ayuda concedida en el marco do Mecanismo se sumará a la proporcionada con arreglo a otros programas e instrumentos de la Unión, precisando que las reformas y los proyectos de inversión podrán recibir ayuda de otros programas e instrumentos de la Unión siempre que dicha ayuda no cubra el mismo coste, evitando la doble financiación entre programas del Mecanismo de Recuperación y Resiliencia y, así como con otros instrumentos de la Unión.
QUE É A CESIÓN DO DEREITO DO COBRO DA AXUDA?
A cesión do dereito de cobro non afectará as obrigas asumidas polas personas beneficiarias como consecuencia da concesión da axuda, incluídas as de xustificación da subvención, nin as facultades do IGVS sobre a revogación, modificación ou revisión da resolución de concesión e, de ser o caso, do reintegro da subvención.
No caso de cesión do dereito de cobro da subvención á persoa contratista das obras ou ao axente ou xestor da rehabilitación, as persoas beneficiarias estarán exentas de presentar os xustificantes de pagamento do importe correspondente a estes dereitos cedidos.
EN QUE CASOS SE PODE PRODUCIR A PERDA E REINTEGRO DA AXUDA?
Se non cumpren os requisitos que se establecen para as actuacións subvencionables (redución da demanda enerxética global ≥ 7%, redución do consumo de enerxía primaria non renovable ≥ 30%, ou a modificación o substitución de elementos construtivos da envolvente para adecuar aos valores de transmitancia e permeabilidade ao aire ó CTE DB HE1), ou non se cumpre calquera outra esixencia das establecidas no Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, a axuda sería revocada.
A perda do dereito á percepción da axuda outorgada comportará, no seu caso, o reintegro das cantidades aboadas ata ese momento, incrementadas cos xuros de demora dende a data do seu pagamento.
NORMATIVA APLICABLE
Extracto da Resolución do 18 de febreiro de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E). DOG nº 43 do 3 de marzo de 2022.
R.D. 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Real Decreto-lei 19/2021, de 5 de outubro, de medidas urxentes para impulsar a actividade de rehabilitación edificatoria no contexto do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.