O Consello Galego da Arquitectura Técnica, acordou conceder premios aos mellores Proxectos de Fin de Grao que, conforme as bases da convocatoria, fosen redactados por alumnos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña.

O prazo de presentación dos traballos finalizará o 20 de outubro de 2023 ás 14:00 horas, podendo entregarse na Sede do Consello Galego da Arquitectura Técnica, en calquera das oficinas colexiais dos Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de Galicia ou de forma telemática.

Os Premios Galicia 2022-2023 serán entregados no transcurso dun acto académico a celebrar pola Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña e o Consello Galego da Arquitectura Técnica, o día 17 de novembro de 2023.

Para consultar as bases do concurso pica neste enlace.

Para descargar o boletín de inscrición pica neste enlace.