O Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, acordou conceder premios aos mellores Proxectos de Fin de Grao que, conforme as bases da convocatoria, fosen redactados por alumnos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña.

O prazo de presentación dos traballos finalizará o 28 de outubro de 2022 ás 14:00 horas, podendo entregarse na Sede do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos o en calquera das oficinas colexiais dos Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de Galicia.

Os Premios Galicia 2021-2022 serán entregados no transcurso dun acto académico a celebrar pola Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña e o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, o día 18 de novembro de 2022, salvo que por razóns alleas ao Consello houbese que modificar o tradicional modo presencial.

Para consultar as bases do concurso pica neste enlace.

Para descargar o boletín de inscrición pincha neste enlace.