No DOG número 5, do día 9 de xaneiro de 2023, publicouse a Resolución do 27 de decembro de 2022 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2023 (código de procedemento VI490A).
Desde o ano 2016 convocáronse tres edicións dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de impulsar a excelencia da nosa arquitectura e a rehabilitación. Nesta cuarta edición, estes premios supoñen o recoñecemento á calidade das edificacións rematadas nos anos 2020, 2021 e 2022, tanto de obra nova como de rehabilitación.
Cabe destacar, así mesmo, os dous premios especiais: o de sustentabilidade e o da traxectoria profesional. O primeiro busca destacar a implementación dunha arquitectura responsable e comprometida co ambiente, en consonancia cos programas desenvolvidos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en especial a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, as directrices de ordenación do territorio e a estratexia da paisaxe galega. O premio á traxectoria profesional, nesta edición, introduce unha nova categoría para premiar, ademáis das persoas arquitectas, as persoas aparelladoras e arquitectas técnicas, que pola súa contribución a favor da arquitectura no territorio galego sexan merecedoras dun especial recoñecemento.
A presentación de candidaturas poderá realizarse dende o primeiro día hábil seguinte ao de publicación desta resolución no DOG e ata o 31 de marzo de 2023.
Para consultar as bases desta convocatoria, pica neste enlace.
Para consultar a corrección de errores das bases desta convocatoria, publicada no DOG num. 8, de data 12 de xaneiro de 2023, pica neste enlace