O Consello Galego da Arquitectura Técnica (CGAT) e a Universidade da Coruña (UDC), asinaron en outubro de 2024 un convenio de colaboración no ámbito académico, científico e cultural, co fin de satisfacer, entre outros, os seguintes obxectivos:
1.Facilitar o intercambio por tempo limitado de profesionais, profesores e
2.Favorecer a participación en proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, bilaterais ou
3.Cooperar en programas de formación de persoal asistencial, investigador e/ou técnico.
4.Asesorarse mutuamente en cuestións relacionadas coa actividade de ambas entidades.
5.Intercambiar libros, publicacións e outros materiais de investigación e docencia sempre que non haxa compromisos anteriores que o impidan.
6.Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e das actividades que constituían o obxecto do convenio.
No acto de sinatura estiveron presentes Ricardo Cao, reitor da UDC; Manuel Rañó Rodríguez, presidente do Consello Galego da Arquitectura Técnica de Galicia (CGAT) e do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra (COATPO); José Manuel Grandío Rodríguez, presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Lugo (COATLU); e Darío López Fernández, presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense (COATOU).
Estes convenios, sumanse ao firmado hai meses co Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de A Coruña (COATAC) e terán unha vixencia de catro anos.