O Máster en BIM é a evolución da sétima edición do curso de posgrado de especialización en BIM. Ao igual que o posgrado, está destinado a profesionais, Aparelladores, Arquitectos Técnicos e estudantes de últimos cursos que dexesan adquirir as competencias necesarias para dominar a metodoloxía BIM (BUILDING INFORMATION MODELING) no entorno real da edificación.

A Universidade da Coruña e o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, constituído polos Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de Galicia, asinaron en maio do ano 2021, o convenio de colaboración en relación ao Máster BIM (Building Information Modeling) co compromiso de fomentar nos campos da docencia, as vantaxes que o máster facilitará ós colexiados que o realicen, sendo o obxecto do convenio de colaboración a aplicación dun desconto na matrícula dun 10% do importe ordinario na matrícula do Máster en BIM (Building Information Modeling) e/ou de igual modo o seu curso derivado denominado curso de especialización en BIM (Building Information Modeling), a todos os colexiados dos Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Consulta aquí o convenio suscrito entre o CGCAATs e a UDC:

A pre-matrícula no primeiro prazo é ata o 10 de xullo de 2024 (segundo prazo ata o 2 de setembro de 2024)

A docencia pode ser presencial ou on-line (as clases comezarán en outubro 2024).

Para mais información entra en: https://posgrado.bim.udc.es/

Vídeo explicativo