O convenio suscrito no ano 2017 polo Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia coa FEGAMP ten por obxeto establecer a colaboración entre ámbalas duas institucións, para a programación, desenvolvemento e verificación de prácticas non laborais de Arquitectos Tecnicos colexiados que se atopen en situación de desemprego, en concellos e diputacións de Galicia.

O obxeto das prácticas non laborais é o desenvolvemento por parte de estos Arquitectos Tecnicos, das tarefas adecuadas ao seu nivel de formación, que lles servan para adquirir unha experiencia enriquecedora para que, unha vez finalizadas, poidan dispor dunha perspectiva que lles permita a súa incorporación ao mundo laboral.

O Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos convoca tódolos anos unha quenda para a colaboración, mediante contrato en prácticas, con Diputacións e Concellos que o soliciten, abrindo un período de inscrición para que colexiados que o dexesen poidan incorporarse ás listas de bolseiros do convenio.

A incorporación de colexiados á quenda do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos terá carácter voluntario e producirase por petición do interesado, debendo acreditar as condicións que se sinalen na convocatoria enviada ao efecto.

Para consultar as bases e descargar o boletín debes contactar co teu Colexio de pertenza.
O concello de Frades foi a primeiro concello en adherirse ao convenio da Fegamp para a contratación de aparelladores/as en prácticas
En xullo do ano 2017, o presidente da Fegamp, D. Alfredo García, xunto co alcalde de Frades, D. Roberto Rey Martínez e o presidente do Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, D. Roberto Medín Guyatt, realizaron o acto de firma de adhesión do concello de Frades como primeiro en adherirse ao convenio de colaboración entre a Fegamp e o Consello Galego de Aparelladores e Arquitectos Técnicos.