O Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, constituído polos Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, e a Federación de Asociacións de Empresas da Reforma e Rehabilitación de Galicia (FEDERGAL) asinaron en marzo de 2022 un convenio de colaboración en relación aos programas de axudas de rehabilitación de edificios e outros aspetos relacionados con iniciativas que axilicen as xestións nas administración públicas, entre outros.


-
- Colaboración recíproca nas iniciativas de ambas Entidades vinculadas co ámbito deste convenio.
- Fomento da colaboración entre FEDERGAL e os Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación pertencentes aos Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, impulsando marcos de acordo e cooperación, asi coma instrumentos para apoiala.
- Colaboración en iniciativas que axilicen as xestións nas Administracións Públicas.
- Colaboración na comunicación recíproca, en medios e redes, de actos e actividades das duas Corporacións, así coma o impulso de accións e proxectos comúns que poidan tener repercusión en medios de comunicación.
- Posibilidade de establecer una canle de comunicación que facilitará aos asociados de FEDERGAL que o soliciten, acceso a servizos de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación dos Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
- Apoio mutuo na organización e difusión de todos os actos relacionados coa normativa e regulamentación a que deben axustarse os edificios para o seu correcto mantemento e funcionamento.
- Elaboración dun PROTOCOLO DE ACTUACIÓN entre o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos e a Federación de Asociacións de Empresas da Reforma e Rehabilitación de Galicia (FEDERGAL) para establecer unha estratexia de comunicación hacia os colexiados e asociados de ambas corporacións, con información sobre as axudas NEXT GENERATION, a súa tramitación, empregando para iso as plataformas de canles de comunicación dispoñibles por ambas entidades.
- Impulso de calquera outra actividade que de modo máis amplo poida convertirse nun área de colaboración entre ambas entidades en beneficio dos ciudadáns e dos colexiados ou asociados de ambas partes.
- Organización de xornadas de formación para os profesionais de ambas corporacións, con especial relevancia no caso de calquera normativa novedosa, como a “tramitación das axudas de fondos europeos Next Generation”.
Para ver o comunicado pica neste enlace