En outubro do ano 2021, o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, constituído polos Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, asinou o convenio de colaboración co Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA) en relación aos programas e axudas de rehabilitación de edificios e outros aspetos relacionados coas comunidades de propietarios.

O marco de colaboración contempla, entre outras, as seguintes áreas e líñas de actuación:

  • Fomento da colaboración entre os Administradores de Fincas colexiados e os Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación dos Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, impulsando marcos de acordo e cooperación.
  • Colaboración en iniciativas que axilicen as xestións nas Administracións Públicas.
  • Posibilidade de establecer una canle de comunicación que facilitaría aos Administradores colexiados que o soliciten, acceso a servizos de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación dos Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
  • Apoio mútuo na organización e difusión de todos os actos relacionados coa normativa e regulamentación a que deben axustarse os edificios para o seu correcto mantemento e funcionamiento.
  • Desenvolvemento dunha guía para a tramitación de axudas, asi coma a elaboración dun protocolo de actuación para a comunicación aos colexiados de ambas corporacións, con información sobre as axudas NEXT GENERATION, e a súa tramitación.
  • Creación dunha bolsa de traballo composta por profesionais colexiados en calquera dos Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que voluntariamente dexesen inscribirse.
  • Organización de xornadas de formación para os profesionais de ambas corporacións, con especial relevancia á normativa que poida afectar ás Comunidades de Propietarios, como a “tramitación das axudas de fondos europeos Next Generation”.