Segundo o protocolo de colaboración no que se establece a vontade de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Consello Galego da Arquitectura Técnica no ámbito da quenda de asistencia pericial á Administración de Xustiza en Galicia, o Consello Galego abre un período de inscripción para incorporarse ás listas de peritos forenses sinaladas no marco do convenio.

O prazo estará aberto dende o 26 de novembro de 2025 ata ás 14:00 horas do día 12 de decembro de 2025, a fin de que todos os colexiados que voluntariamente queiran incorporarse á lista deste convenio, e cumpran coas condicións sinaladas, realicen a súa inscrición.

Para consultar as bases e realizar a inscrición debes dirixirte ao teu colexio de pertenza.