De acordo ao convenio no que se establece a colaboración entre a FEGAMP e o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos para a realización de prácticas non laborais en Concellos e Deputacións que o soliciten, o Consello Galego abre un período de inscrición para incorporarse ás listas de bolseiros do convenio.
O prazo estará aberto dende o día 03 de xaneiro de 2023 ata as 14:00h. do día 03 de febreiro de 2023, a fin de que todos os colexiados que voluntariamente queiran incorporarse á lista deste convenio, e cumpran coas condicións sinaladas, realicen a súa inscrición.
Para consultar as bases e realizar a inscrición debes dirixirte ao teu colexio de pertenza.