De acordo ao convenio no que se establece a colaboración entre a FEGAMP e o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos para a realización de prácticas non laborais en Concellos e Deputacións que o soliciten, o Consello Galego abre un período de inscrición para incorporarse ás listas de bolseiros do convenio.

O prazo estará aberto dende o día 1 de setembro de 2022 ata o día 30 de setembro de 2022, a fin de que todos os colexiados que voluntariamente queiran incorporarse á lista deste convenio, e cumpran coas condicións sinaladas, realicen a súa inscrición.

Para consultar as bases e realizar a inscrición debes dirixirte ao teu colexio de pertenza.