Creación
En febreiro de 2023, trala publicación do DECRETO 227/2022, de 22 de diciembre, polo que se crea o Consello Galego da Arquitectura Técnica e se aproban os seus Estatutos, e dacordo ao indicado no artigo 17 dos citados Estatutos, a Xunta do Consello Galego na súa reunión, celebrada o día 10 de febreiro de 2023, acordou a creación e constitución da Comisión Deontolóxica e de Recursos.
Funcións e finalidade
Segundo o artigo 17.1., esta Comisión asumirá as seguintes competencias:
- Resolución dos recursos de alzada interpostos frente a resolucións dos colexios integrantes do Consello Galego.
- Incoación, tramitación e resolución dos expedientes disciplinarios-deontolóxicos.
Constitución e Renovación de cargos da Comisión
Segundo acordo da Xunta do Consello Galego, tomado na súa reunión, celebrada o día 10 de febreiro de 2023, a Presidencia da Comisión corresponderá ao Secretario/a do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica que ostente a Presidencia do Consello Galego, e o Secretario/a da Comisión, corresponderá ao Secretario/a do Colexio Oficial de la Arquitectura Técnica que ostente a Vicepresidencia do Consello Galego, ata a renovación dos cargos da Xunta de Goberno do Consello Galego, momento no que se procederá a renovar estos cargos dacordo aos Estatutos do Consello Galego.
Actualmente, está composta polos seguintes membros:
- Paula Vázquez Prieto, Presidenta da Comisión e Secretaria do COAT de Pontevedra
- Roberto Pérez Manuel, Secretario da Comisión e Secretario do COAT da Coruña
- José Luis González-Vara Pin, Secretario do COAT de Lugo
- Rosa María Suárez González, Secretaria do COAT de Ourense