COMISION DE VISADO

A comisión nace froito do interese e bo entendemento dos presidentes que integran o Consello Galego, que en reunión celebrada o 17 de xaneiro de 2020 recollen o acordo de convocar aos visadores dos catro colexios para a elaboración dunha guía de visado unificada. Con posterioridade, o 11 de febreiro, tamén en sede do Consello Galego, ponse sobre a mesa de dialogo a necesidade de incorporar máis membros na comisión encargada da elaboración da guía de visado.

A finalidade da comisión é a actualización da guía á normativa en vigor e os posibles cambios que se poidan producir, así como establecer criterios unificados naqueles visados que poidan suscitar diferenzas interpretativas dentro do ámbito das competencias dos Arquitectos Técnicos.

A comisión está integrada por un membro da Xunta de Goberno e polo técnico ou técnica de visado de cada colexio provincial.

Por A Coruña, Dª. Rosana Rivas Mariño (Coordinadora da Comisión e Secretaria Xeral ​do Consello Galego) e Dª. Cristina Sánchez Rancaño, por Lugo, D. José Luis González-Vara Pin (Secretario do COAT de Lugo) e D. Jesús Flores Fernández, por Ourense, Dª Rosa María Suárez González (Secretaria do COAT de Ourense) e D. Daniel Blanco Rivero, por Pontevedra, Dª. Paula Vázquez Prieto (Secretaria do COAT de Pontevedra) e Dª. Paz Otero Franco.