COMISIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE
“Por acordo da Xunta do Consello Galego, celebrada o 1 de marzo de 2019, créase a Comisión de Seguridade e Saúde do Consello Galego co fin de unificar criterios dos catro Colexios na materia. Forman parte desta Comisión un representante de cada Colexio e, na actualidade está formada polos colexiados expertos en Seguridade e Saúde:
- Darío López Fernández, presidente do COAT de Ourense e coordinador da Comisión
- Roberto Medín Guyatt, representante do COAT da Coruña,
- José Luis González-Vara Pin, representante do COAT de Lugo.
- Antonio Carballo Couñago, representante do COAT de Pontevedra.
Un dos primeiros labores da Comisión consistiu na redacción do documento “Principios de Boas Prácticas en Obras de Construción. Economía, Calidade e Seguridade”, para que sirva de difusión das últimas tendencias en canto ao comezo da prevención, na figura do axente Promotor como peza crave da seguridade nas obras “.
Esta publicación atópase dispoñible para a súa descarga na hemeroteca da páxina web do Consello Galego, picando aquí.