Creación e finalidade

En xullo de 2021, crease a través do Consello Galego a Comisión de Rehabilitación Enerxética, que ten por finalidade promover a formación dos arquitectos técnicos colexiados de Galicia en materia de eficiencia enerxética, co obxeto de afrontar co maior coñecemento posible a rehabilitación de edificios que se vai a fomentar a través do Real Decreto polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, moi dependente do plan NEXT GENERATION da Unión Europea.

Integrantes

Actualmente, componse de catro colexiados arquitectos técnicos con amplos coñecementos na área da eficiencia enerxética:

  • Coordinador: José M. Grandío Rodríguez (Presidente do COAT Lugo)
  • José Manuel Rey Lorenzo (Representación do COAT Ourense)
  • Manuel Rañó Rodríguez (Representación do COAT Pontevedra)
  • Marta Sosa Santiago (Representación do COAT A Coruña)

Funcións

Son funcións da Comisión de Rehabilitación Enerxética:

1. Organización de cursos de formación que incluan:

  • Proxecto justificativo do cumprimento do DB HE 2019.
  • Envolvente térmica (SATE, Fachadas ventiladas, precaucións con conduccións de gas por fachada, etc.).
  • Instalacións térmicas (Bombas de calor, Paneis fotovoltaicos, Caldeiras de biomasa, Ventilación mecánica controlada, etc.).
  • Exixencias do RD de rehabilitación residencial do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Edificios de vivendas, Vivendas unifamiliares e individuais e Libro do edificio existente, con interese especial no Informe de Avaliación do Edificio).
  • Outros asuntos que vaian xurdindo durante o funcionamento da comisión de forma espontánea ou como suxerencias externas recibidas na mesma.

2. Asesoramento técnico en materia de rehabilitación enerxética a colexiados.

Publicacións de interese

Libro do Edificio Existente
Guía das axudas para obras de rehabilitación de eficiencia enerxética en vivenda (IGVS)

Guía para a Xestión de RCDs no ámbito da rehabilitación enerxética de vivendas

Pica aquí para acceder ao vídeo de presentación da Guía