¿Quen somos?
A comezos do ano 2019, orixínase a través do Consello Galego, a creación da Comisión de Accesibilidade, entidade encargada de fomentar, promover e representar, mediante criterios técnicos, a accesibilidade universal en contornas urbanas e edificatorios na comunidade autónoma de Galicia.
Integrantes
Actualmente, componse de catro colexiados arquitectos técnicos especialistas na área da accesibilidade:
- Coordinador: Darío López Fernández (Presidente do COAT Ourense)
- Antonio Javier Núñez Núñez (Representación do COAT Lugo)
- Antonio Arias Rodríguez (Representación do COAT Pontevedra)
- Pablo José González López (Representación do COAT A Coruña)
Funcións
Son funcións da Comisión de Accesibilidad:
- Asesorar en materia de accesibilidade e supresión de barreiras a todos os técnicos que interveñen no proceso construtivo, así como ás comunidades de propietarios e administradores de leiras.
- Promover a formación no ámbito da accesibilidade na edificación, mellorando o desenvolvemento de coñecementos técnicos necesarios para levar a cabo unha correcta elaboración e posterior execución de proxectos de accesibilidade.
- Coordinar aos catro Colexios Oficiais de Arquitectos Técnicos de Galicia, unificando criterios que faciliten a comprensión de todo o marco normativo vixente no campo da accesibilidade.
- Servir de ponte guía entre a arquitectura técnica e as diferentes asociacións e agrupacións encargadas da defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, axuntando esforzos e establecendo vínculos necesarios para levar a cabo a consecución da accesibilidade universal.
- Presentar alegacións e propostas normativas naqueles proxectos de Leis ou Decretos que se impulsen polos diferentes organismos constitucionais, incluíndo en todo caso Ordenanzas de carácter Municipal.
Avances
Desde a súa creación, lográronse avances significativos en materia de accesibilidade:
- nicio de alianzas con entidades e organismos que promoven e defenden os dereitos das persoas con discapacidade, como son COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), GRUMICO (Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña) e a ONCE (Organización Nacional de Cegos Españois).
- Elaboración dun documento de propostas a considerar para o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei 10/2014, de accesibilidade, facilitado á Comisión Técnica de Accesibilidade da Xunta de Galicia.
- Presentación de alegacións ao Concello de Vigo por mor da aprobación da Ordenanza Municipal reguladora para a instalación de ascensores, con resolucións favorables por parte do devandito organismo.
- Asesoramento proyectual en ámbito normativo sobre accesibilidade a diferentes colexiados nas catro provincias.
Últimas novas
O pasado 22 de setembro o CGATE presentou no marco de Rebuild o libro “Edificios e Saúde. Reinventar o hábitat, pensando na saúde das persoas“. Este documento, en alianza con Green Building Council (GBCe) e o Clúster de Hábitat eficiente (AEICE), é o resultado de máis de 6 meses de traballo nos que se reuniron máis de 70 expertos de distintas disciplinas, entre os que se atopa o noso compañeiro, Pablo González López, representante da Comisión de Accesibilidade do Consello Galego.
Esta publicación atópase dispoñible para a súa descarga na hemeroteca da páxina web do CGATE, picando aquí.
O pasado luns, día 27 de marzo de 2023, publicouse a “Guía Rehabilita Saudable“, na que participaron, entre outros, o CGATE, Green Building Council (GBCe) e o Clúster de Hábitat Eficiente (AEICE), ademais do noso compañeiro, Pablo González López, representante da Comisión de Accesibilidade do Consello Galego no Foro Edificios e Saúde.
Esta publicación podes descargala, picando neste enlace.

