O “Consejo General de la Arquitectura Técnica de España” organiza a xornada: Ferramenta de Costes para as Axudas de Rehabilitación, que será impartida polo Presidente do Consello Galego da Arquitectura Técnica e Presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Lugo, D. José Manuel Grandío Rodríguez e na que se explicará o seu funcionamento, utilidades e vantaxes, para o cálculo de costes, axudas e amortizacións, para actuacións de rehabilitación en edificios residenciais de acordo co R.D. 853/2021.

· Videoconferencia gratuíta

· Data: 14 de febreiro ás 12:00 h

Para asistir á xornada online será necesario inscribirse neste enlace.

Esta videoconferencia quedará grabada e dispoñible na web do “Consejo General de la Arquitectura Técnica de España” para todos os Colexiados que poidan estar interesados en utilizar esta calculadora de costes e axudas.