Ante as distintas interpretacións que se están difundindo sobre a Sentenza do Tribunal Supremo nº 700/2026, de 4 de xuño, o CGATE emitiu unha nota aclaratoria para precisar o alcance real desta resolución, da que se puede extraer o seguinte:

  • “A cuestión controvertida no supuesto enxuiciado no procedemento de referencia circunscríbese a determinar se os profesionais da Arquitectura Técnica son competentes para redactar un proxecto de cambio de uso dun local a vivenda que forma parte dun edificio cuxo uso característico é comercial e industrial.”
  • “A sentenza do Supremo supón un único pronunciamento sobre o concreto suposto enxuiciado, polo que non xenera xurisprudencia e non anula a xurisprudencia menor emanada dos distintos Tribunais Superiores de Xustiza que ven a confirmar a competencia dos Arquitectos Técnicos para a redacción de proxectos de cambio de uso de local a vivenda en edificios cuxo uso característico é o residencial.”
O Consello Galego da Arquitectura Técnica está estudando todas as actuacións posibles encamiñadas a defender as atribucións profesionais do noso colectivo, frente a calquera interpretación interesada que extralimite os efectos desta Sentenza.
 
Para consultar a Nota Aclaratoria do CGATE, debes dirixirte ao teu colexio de procedencia.