O pasado 6 de outubro entregáronse os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2023 organizados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, cuxo acto se celebrou na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, e nos que o Presidente da Xunta de Galicia, D. Alfonso Rueda Valenzuela e a Vicepresidenta segunda e Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Dª. Ángeles Vázquez Mejuto, exerceron de anfitrións, entregando varios dos galardóns.
No apartado de premio especial á traxectoria profesional na categoría de Aparellador ou Arquitecto Técnico, recibiu o premio D. Carlos Jorreto Veiga, ourensano e colexiado do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense, dende o ano 1973.
Carlos inicia a súa traxectoria profesional no ano 1.963 formando parte da Empresa García Toriello, sendo nomeado Delegado ata 1.970. As obras máis importantes realizadas neste período de tempo foron: 700 Vivendas Protexidas na Cunca Mineira de Asturias; Reformas no Hospital Xeral de Asturias; Instituto Nacional de Educación Media en Pola de Siero (Oviedo); Escola de Mestría Industrial, Instituto Nacional de E. Media de Llanes (Oviedo) e Residencia de Catedráticos; Igrexa Parroquial en Posada de Llanera (Oviedo); Escola de Mestría Industrial, Matadoiro Industrial de Ourense e Colexio Maior “Siao.Sing” na Cidade Universitaria de Madrid. Todas estas obras foron realizadas durante o período de 1.963 a 1.970, ano no que deixa a Empresa privada.
No ano 1.970 é nomeado Aparellador Municipal do Concello de Ourense, asesorando ademais aos concellos de Baños de Molgas e Maside, ata o ano 1.977, data na que cesa nos cargos debido á implantación das incompatibilidades por parte dos colexios profesionais. No ano 1.982 foi nomeado pola Cámara da Propiedade de Ourense como asesor urbanista na exposición ao público da Revisión e Adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense.
No ano 1.985 asume a representación dos aparelladores de Galicia na Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.
Na actualidade e dende o ano 1.977 a súa actividade é unicamente o Exercicio libre da Profesión.
Destacan as numerosas intervencións como director de execución de obra, tanto oficiais como privadas, de nova construción ou rehabilitación de edificacións antigas. Destas podemos citar as máis emblemáticas, cuxa influencia foi notable na carreira profesional de Carlos Jorreto:
- Restauración da Capela de San Xés de Francelos (Ribadavia).
- Actuacións realizadas no Monasterio de San Estevo de Ribas de Sil.
- Diversas obras de rehabilitación executadas no Castelo de Monterrei (Verín, Ourense).
- Rehabilitación do Castelo dos Sarmiento en Ribadavia (Ourense).
- Traslado da Igrexa en Lobios (Ourense).
- Execución do actual Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense.
- Execución do Edificio residencial Viacambre en Ourense.
- Execución dos Complexos Hotel-Balnearios de Laias, Lobios e Arnoia.
- Execución del Hotel Hesperia e de tres torres con 254 vivendas en Vigo.
Gran coñecedor dos sistemas construtivos e artesanais en Galicia, así como dos materiais empregados no sector, converxen para conseguir un produto final de excelente calidade.
A súa profesionalidade converteuno en sinónimo de garantía para os promotores no camiño á consecución dos obxectivos perseguidos.
+ info: www.aparelladores.org
Prensa del Consello Galego da Arquitectura Técnica. 679.486.961