APLICACIÓN LeWeb do Cateb
O Colexio da Arquitectura Técnica de Barcelona (Cateb), dispón dunha aplicación informática que permite formalizar o Libro do Edificio para:
- Edificios existentes unifamiliares.
- Edificios existentes plurifamiliares.
- Edificios de obra nova unifamiliares.
- Edificios de obra nova plurifamiliares.
- Edificios de obra nova terciarios.
O Libro do Edificio está formado polo conxunto de documentos que acreditan o estado de conservación do edificio e incorpora unha serie de vantaxes:
- Contén “Instrucións ou recomendacións de mantemento” que permiten alargar a vida útil do edificio para evitar a súa degradación.
- Incorpora o estudo do “Potencial de melloras e o Plan de actuacións” segundo o Real Decreto 853/2021, para a renovación, identificación e planificación das actuacións de mellora das prestacións do edificio, garantindo así, a transformación, a adaptación e o uso óptimo do edificio ó longo do tempo, sendo unha aplicación apta para solicitar as subvencións dos Fondos Europeos Next Generation.
- Incorpora “Fichas de campo” que facilitan a xestión do tempo durante a inspeción do edificio e representan un documento complementario para estudar o Potencial de melloras no edificio existente.
- Inclúe “Fichas de consulta” que facilitan a revisión dos parámetros normativos establecidos no CTE, segundo indicacións do Real Decreto 853/2021.
- A documentación sempre está dispoñible e gardada no servidor e é acesible en cualquera momento, dende calquera dispositivo ou navegador.
Esta aplicación xa está dispoñible nas webs colexiais galegas, polo que para obter máis información e aceder a súa descarga debes dirixirte ao teu Colexio de pertenza.