APLICACIÓN LEEx do ICCL

O Instituto da Construcción de Castilla y León (ICCL) ten desenvolvida a Plataforma do Libro do Edificio e adaptouna aos requerimentos establecidos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Dende a Plataforma do ICCL o usuario poderá elaborar Libros do Edificio de Obra Nova e Libros da Vivenda segundo as exixencias recollidas na Ley 38/1999, de 5 de noviembre, de Ordenación da Edificación, así coma LIBROS DO EDIFICIO EXISTENTE para a Rehabilitación – LEEx, segundo o anexo I do Real Decreto 853/2021 polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e as directrices recollidas na Guía para a elaboración do Libro do Edificio Existente para a rehabilitación. Esta guía foi coordinada pola Secretaría Xeneral de Axenda Urbana e Vivenda do Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana – MITMA e elaborada pola Unidade de Calidade na Construcción do IETCC-CSIC, o Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España (CSCAE) e o Consejo General de la Arquitectura Técnica de España (CGATE).

A utilización da plataforma é a través dunha suscrición anual para os colexiados dos COLEXIOS DO CONSELLO GALEGO DA ARQUITECTURA TÉCNICA a través das webs dos Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica de Galicia dende a súa área privada e de acceso únicamente para os seus colexiados coas súas claves colexiales.

Poderán realizar tanto o Libro do Edificio de Obra Nova como do Edificio Existente y o libro da vivenda se así o necesitaran, coa utilización polos colexiados dende PC, Tablet ou móbil.

Esta aplicación xa está dispoñible nas webs colexiais galegas, polo que para obter máis información e aceder a súa descarga debes dirixirte ao teu Colexio de pertenza.